23 de Xuño de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Concello de foz mellora a estrada da parroquia de Vilaronte que comunica a Nacional 642 con Baesta

12-06-18

Foz, 12 de xuño de 2018. O Concello de Foz anuncia que hoxe, martes, rematarán na parroquia de Vilaronte as obras de mellora da estrada que vai desde o cruce da Nacional 642 ata Baesta. O alcalde, Javier Jorge Castiñeira, salienta que os traballos contan cun orzamento de 58.242 euros procedentes de fondos do AGADER, da Consellería de Medio Rural.
O rexedor anunciou que “hoxe rematan unhas obras de acondicionamento con aglomerado en quente na parroquia de Vilaronte, concretamente na estrada que vai a Baesta por As Areosas dende a Nacional 642. Está vía estaba en moi mal estado, polo que había varios requirimentos dos veciños e tratamos de metela dentro dun plan de subvencións de AGADER, que saca a Consellería de Medio Rural, da Xunta de Galicia. Está financiada con fondos de Agader, concretamente con 58.242,14 euros”.
O alcalde de Foz salienta que “é unha obra importante porque é un dos principais accesos á zona interior da parroquia de Vilaronte. É importante para moitos barrios de Vilaronte e especialmente tamén para a retirada de madeira, pois hai bastante extracción na zona de Cornería e incluso na que está pegada ao río Masma”.
Javier Castiñeira engade que “é unha obra interesante, é case quilómetro e medio de vía que estaba en moi mal estado e sobre todo para os moitos residentes que viven nesa zona é unha moi boa nova”.
O rexedor quere “agradecer a confianza novamente da Consellería de Medio Rural, da Xunta de Galicia, con este financiamento dentro das melloras de camiños rurais”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive