23 de Xuño de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Concello de Foz presenta o programa “Aberto x Xacacións”, que se desenvolverá nos meses de xullo e agosto. Está dirixido a nen@s de 3 a 12 anos

12-06-18

Foz, 12 de xuño de 2018. A Delegación de Xuventude do Concello de Foz presenta o programa Aberto x Vacacións, que se desenvolverá durante os meses de xullo e agosto e está dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade.
A Concellería de Xuventude de Foz desenvolve un verán máis este programa que ofrecerá diversas actividades nas mañás de xullo e agosto, de luns a venres de 10:30 a 13:30 horas.
O programa Aberto X Vacacións está dirixido a nenos/as con idades de 3 a 12 anos, nados entre 2006 e 2014, no caso dos nados en 2014 que fosen ao colexio.
O prazo de inscrición vai do 25 ao 29 de xuño e do 26 ao 31 de xullo, no caso de quedar vacantes para o mes de agosto. As prazas son limitadas, por orde de inscrición e rango de idade.
As persoas interesadas poden obter máis información na Casa da Xuventude do Concello de Foz, sito na rúa Julia Minguillón, número 7 baixo; no número de teléfono 982.133.037; ou a través do correo electrónico xuventude@concellodefoz.es.
Entre as actividades previstas hai obradoiros, kaiaks, xogos na praia, inchables, rutas e multideporte. Desenvolveranse na praia, no CEIP Nº1, no campo de fútbol de Malates e no Cenima.
O martes 3 de xullo celebrarase a reunión de presentación, que será ás 10:30 horas na Casa da Xuventude. O inicio das actividades terá lugar o mércores 4 de xullo e rematarán o 22 de agosto.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive