23 de Xuño de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O PP de Ribadeo critica ao goberno local por manter tubaxes de fibrocemento para o abastecemento de auga en rúas que se remodelan, como na Paco Lanza

09-06-18

Ribadeo, 8 de xuño de 2018. O Partido Popular de Ribadeo critica ao goberno local porque debido ao rebentón que houbo días pasados na rúa Paco Lanza, que estaba recentemente remodelada, destapouse que a tubaxe para o abastecemento de auga que pasa por esa zona é de fibrocemento, material que está prohibido. O portavoz dos populares no Concello de Ribadeo, Jesús López Penabad, engade que é unha prioridade retirar todas as tubaxes de fibrocemento que hai no municipio por saúde e para previr roturas.
Jesús López relata que “o fin de semana pasado houbo un rebentón en Ribadeo, concretamente a carón do instituto de Secundaria e preto da nova residencia de maiores, na rúa Paco Lanza. E preguntamos se cando se fan obras é para adecentar a parte de arriba nada máis e non se cambian as tubaxes, porque aí parece ser que existe unha tubaxe de fibrocemento, potencialmente canceríxena polo que está prohibida desde hai anos. Estoupou dunha maneira bastante brusca e con perigo incluso para os muros que hai alí preto e se colle unha edificación non creo que lle fixera nada ben”.
López Penabad engade: “cando se fan as obras realmente se actúa no soterrado ou só no superficial para lavar a cara para as eleccións, que é o que están facendo ultimamente porque son dentro dun ano? Parécenos ata perigoso. Se aínda quedan moitas tubaxes da auga de fibrocemento en Ribadeo eu creo que é unha prioridade cambialas. Os investimentos teñen que ir por prioridades e por grandes necesidades e eu creo que esta é unha delas, retirar toda a tubaxe que hai en Ribadeo de fibrocemento, por saúde e por prevención de futuras roturas, porque teñen a súa idade e é polo que estoupan. Aí estiveron facendo obras e foi o que propiciou esta rotura, pero non substituír as tubasxes de fibrocemento non nos parece unha forma de actuar nin responsable nin boa”.
O voceiro do PP ribadense manifestou tamén: “espero que na rúa San Roque, que estamos en obras actualmente, se cambien todas as tubaxes. Non dubido que o estean facendo, pero así debe ser, ademais de facer os planos pertinentes por se hai que levantar ou mirar algo saber onde está. O que pasou este pasado fin de semana na rúa Paco Lanza deixa bastante que desexar. Pedimos que se actúe nas zonas onde existe este tipo de tubaxe, que é un grave perigo para Ribadeo e para os ribadenses”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive