21 de Agosto de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O PP de Viveiro esixe ó goberno local socialista a limpeza de parques infantís e pistas de acceso a vivendas

11-06-18

Viveiro, 11 de xuño de 2018. Varios veciños do burgo da Atalaia, da parroquia de Celeiro, nos fixeron chegar as súas queixas, e así o comprobamos tal e como demostran as imaxes que adxuntamos, pola situación de abandono na que se atopa o parque infantil deste burgo, con abundante maleza que cubre os bancos de madeira alí situados ,así como o deterioro que presentan os elementos que deberían de ser utilizados polos nenos para os seu xogos.

Si hai un días denunciabamos a mala situación da área etnográfica de A Insua e a súa pista de acceso, o mal estado da pista no barrio de Congostras en Covas ou do mal estado da pista de Riaño en San Andrés de Boimente, a todo isto hai que engadirlle a mala situación que sufren moitos veciños daoutras parroquias do noso concello pola abundante presencia de maleza e fochancas nas pistas de acceso as súas vivendas, o que nos pon nunha situación lamentable que nunca antes se vivirá no noso concello nos últimos anos.

O concelleiro de medio ambiente, o Sr. Cal, sempre se escuda na falta de persoal para facer estes desbroces, situación que dende o noso grupo non compartimos en absoluto xa que como veciños pagamos os nosos impostos puntualmente para que as pistas e o alumeado público de acceso as nosas vivendas estén todo o ano en boas condicións. Non podemos entender que nun concello como o noso que ten un presuposto anual de 13,5 millóns de euros, teñamos que padecer estas situacións tan lamentables descritas anteriormente, mesmo que os nenos e nenas que disfrutan do parque da Atalaia non poidan facer uso do mesmo debido o seu estado evidente de abandono.

Por estas razóns, esiximos o goberno municipal socialista que arranxe dunha vez por todas este problemas de mantemento, tal e como é a súa obligación cos veciños e veciñas do noso Concello.

Agardemos que o equipo de goberno local saiba empregar con criterio ós nove peóns e o capataz que, durante os próximos sete meses pon a súa disposición a Consellería de Economía, Emprego e Industria a través da concesión dunha subvención de 72.555 euros. A ver si dunha vez por todas deixan de lado a súa cantinela de que non teñen persoal e cumplen coa veciñanza.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive