21 de Agosto de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Ó PP de Viveiro resultanlle surrealistas as explicacións sobre a tala indiscriminada no parque Pernas Peón

07-06-18

Viveiro a 7 de xuño de 2018. Dende o PP de Viveiro queremos manifestar a nosa sorpresa polas surrealistas respostas dadas no último Pleno pola Sra. Loureiro e o concelleiro de Medio Ambiente o Sr. Cal, sobre a corta indiscriminada de árbores no parque Pernas Peón.
Ante estas respostas non cabe máis que reafirmarnos no que xa manifestaron outras persoas que o consideraban unha “tala tola” ou mesmo un “arboricidio”.
Das preguntas formuladas polo noso grupo non se contestou practicamente a ningunha, polo que voltaremos a reiteralas no seguinte pleno. Quedaron sin resposta, e a que se nos contestou foi todo un enredo.
Primeiro a sra. Alcaldesa defendeu a sapiencia medio ambiental do Concelleiro de area e a continuación, este mesmo, díxonos o contrario, que el non tiña moito coñecemento. A sra. Alcaldesa díxonos que foi unha decisión moi meditada e con moito asesoramento, e sin embargo puidemos deducir do manifestado por ambos que non houbo ningún tipo de informe elaborado por técnicos de medio ambiente ou forestais que xustificasen a tala masiva das árbores.
A decisión da tala indiscriminada foi fruto da opinión “autónoma” do sr. Cal e o maderista que cortou e se levou a madeira. Non houbo informe técnico de ningún tipo que avalase esta decisión.
Sinalouse dende o equipo de goberno que se fixo pola seguridade, e niso estamos dacordo, pero a seguridade tamén se potencia dende a conservación e o mantemento do parque, aspectos estes totalmente descuidados por parte da sra. Loureiro e o seu equipo, que optaron como mellor medida de seguridade por eliminar o problema, e dicir, cargarse unha maioría das árbores, nalgúns casos exemplares centenarios.
Dende o PP de Viveiro pensamos que este despropósito maiusculo non é máis ca un fiel reflexo do modelo de xestión da sra. alcaldesa, non facer nada, non adoptar ningún tipo de solución e logo cando xa no ten remedio cortar todo o que se pon por diante.
Unha vez máis a falta de proxecto político do equipo de goberno socialista ocasionalle o noso pobo unha perda irreparable, un estrago que non sabemos como a van a solventar, porque tampouco nos explicaron nada de como e cando pensan repoboar este espacio.

Antonio J. Bouza Rodil
Voceiro PP de Viveiro

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive