Viveiro, a 20 de xuño de 2018. Estes días observamos a colocación, en distintas zonas do noso Concello, de contenedores de cor verde para a recollida de aceites usados, medida esta que sin lugar a dúbidas contribuirá a mellora do medio ambiente.
Por este motivo non podemos máis que manifestar a nosa satisfacción, xa que cinco anos despois de que o noso grupo o solicitase por primeira vez no pleno do 20 de xuño de 2013, se este procedendo agora a colocación dos mesmos.
Foron numerosas as veces, a través do formato de rogos e preguntas, nos que en distintos plenos ó longo destes cinco anos nos interesamos pola implantación desta medida, tal e como pode comprobarse nas actas dos mesmos, así o solicitamos nun pleno do 3 de abril de 2014, noutro do 6 de novembro de 2014, nun do 1 de febreiro do 2017 e máis recientemente no do 7 de febreiro de 2018. Non é de extrañar pois a nosa satisfacción porque despois de todo este tempo se execute unha proposta feita polo noso grupo.
Dende o PP de Viveiro cremos que é unha medida moi acertada, dado que estes residuos teñen un alto poder contaminante, polo que animamos ós veciños a que os utilicen e sobre todo, agardamos que o Concello faga extensiva a súa colocación ás distintas parroquias do rural.
Por outra banda, tamén nos satisface que se atendese a petición feita no pasado pleno do mes de abril para a colocación de papeleiras no tramo do espigón do paseo marítimo, tal e como demandaban os veciños que acostuman a pasear ou a pescar por esta zona.
Son pois dúas medidas que ademáis de beneficiar ós veciños e veciñas de Viveiro, contribuirán a unha mellora dos nosos espacios e do noso medio ambiente.
Celestino García Paz
Concelleiro PP de Viveiro