21 de Agosto de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Os Concelleiros de “Foz, Plataforma de Futuro” denuncian que non se están a cambiar as tubaxes do saneamento actual na Rúa Álvaro Cunqueiro

13-06-18

Foz 12-6-18. Nas obras de remodelación da Rúa Álvaro Cunqueiro non se está a executar o proxecto aprobado en Pleno, nese proxecto aprobado en Pleno comprendía o cambio da rede de tubaxes de auga de Fibrocemento, a instalación nova de tubaxes para auga pluviais, e o cambio das tubaxes da rede de saneamento actual. Hai que recordar que para realizar estes cambios se pediu un crédito de 600.000€.

Efectivamente se está a meter a nova rede de auga pluviais, a nova rede de auga potable, pero sen embargo, puidemos comprobar despois de visitar dita obra e de informarnos, que non se está a proceder a cambiar a rede de saneamento actual. Tubaxes de mais de 60 anos de antigüidade, tubaxes de 1 metro de lonxitude cada un, e cada metro unha unión, polo tanto imaxínense vostedes cantos empates teñen.

Dende a nosa formación, denunciamos a falta de información desa decisión, que non foi tomada na comisión de seguimento das obras, e denunciamos que este feito supón un grave incumprimento do contrato. Descoñecemos quen tomou a decisión deste grave cambio, que vai supor o mesmo prexuízo que está acontecer na Avda. Da Mariña coa rede de auga potable. A persoa responsable desta decisión vai a ser a responsable de todos os problemas que esta decisión vai supor no futuro desta Rúa. Non sabemos quen puido dicir que estes tubaxes de mais de 60 anos están en boas condicións e non necesitan cambiarse, pero anque estes tubaxes a fecha de hoxe non estean a filtrar auga neste momento, calquera pode darse conta que coas obras que se están a realizar e con uns poucos anos mais encima van a empezar a dar problemas. Cal vai ser a solución despois?, volver a levantar a rúa como está a pasar na Avda. da Mariña?. Parece ser que o Alcalde do noso Concello non aprende dos erres cometidos na Avda. da Mariña e agora quere cometer os mesmos na Rúa Álvaro Cunqueiro, neste caso coas tubaxes do saneamento.

Os Concelleiros de “Foz, Plataforma de Futuro” non comparte esta decisión, nin vamos a ser cómplices dela, e advertimos que nun tempo non moi lonxano vai a suceder o mesmo que está a suceder na Avda. da Mariña.

Nas obras da Avda. da Mariña presentamos unha moción para evitar os problemas que se están dando hoxe en día, o Alcalde e o seu grupo votaron en contra e o BNG se abstivera non facendo posible que esa moción prosperase, o resultado está á vista, era mais importante acabar a obra rápido.

Pero mais grave é o que estamos denunciando a fecha de hoxe, xa que hai partida económica e proxecto aprobado en Pleno para resolver este problema, e posiblemente si os responsables non toman medidas o Sr. Castiñeira vai volver a tirar o diñeiro de todos os focenses.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive