21 de Agosto de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

“Os deputados e senadores do Partido cumpriron a súa palabra. Grazas á súa xestión a N-642 está en obras”, destaca o PP de A Mariña

08-06-18

A Mariña 08, xuño, 2018. “Os deputados e senadores do Partido cumpriron a súa palabra. Grazas á súa xestión a N-642 está en obras”. Deste xeito, o PP de A Mariña pon en valor as xestións realizadas polos representantes destas formación polítca durante o Goberno popular, destacando que foron decisivas para iniciar a mellora de dita nacional, así como para avanzar no impulso da A-74.

Deste xeito, consideran que o compromiso manifestado hai uns días polo voceiro do Partido Popular, José Manuel Barreiro, durante a visita realizada á localidade de Nois e na reunión mantida hai unhas semanas cos dirixentes de Adif, “converteuse en realidade”.

“Se hoxe vemos que a estrada está en obras e, sen lugar a dúbidas, grazas aos nosos compañeiros que xa fixeron un traballo previo para incluír a mellora das infraestruturas da Mariña no Orzamentos deste ano”, precisan.

Deberes para o PSOE
Por todo elo, o PP desta comarca agarda que os novos dirixentes da Moncloa “continúen cos trámites previstos para que A Mariña non quede esquecida en materia de comunicacións”. Neste senso, apelan á responsabilidade do novo Goberno, pois “os veciños desta zona non entenderiamos que se paralizasen as infraestruturas que os nosos compañeiros impulsaron e que permitiron corrixir unha débeda histórica con esta comarca”. Non obstante, adiantan, “manterémonos vixiantes. Dende longo un retroceso ou freo nos proxectos sería a estas alturas inadmisible”, insisten.

Traballo do PP
Os populares fan esta valoración porque, tal e como sinalara hai uns días o propio Barreiro, o Partido que representa iniciou dende hai tempo unha serie de contactos para que vías de comunicación como a nacional indicada sexan reformadas e corrixir así o estado intransitable que presentan. Proba delo, é que a principios de abril, e como medida más recente, o Grupo do PP no Senado rexistrou unha moción para defender os intereses dos mariñanos e dos lucenses en xeral.

Concretamente, en dita proposta instábase ao Goberno, presidido naquel momento por Marinao Rajoy, a proceder cos fondos necesarios o arranxo das estradas da provincia que están en peores condicións, así como o avance nos trámites administrativos para a execución das autovías que vertebrarán a provincia co resto de Galicia, coa Meseta, e incluso co norte de España. No caso da Mariña, incluíase a A-74, que vai de Barreiros a San Cibrao, e cuxo proxecto do primeiro treito Barreiros-Foz xa se atopa en redacción. Esta importante e demandada arteria de comunicación dispón nas contas deste ano unha partida de máis de 3 millóns de euros que irán destinados á aprobación e redacción dos proxectos para, posteriormente, licitar as obras dos treitos Barreiros-Foz-Burela e para o vindeiro ano case 30 millóns de euros para esta autovía.

No caso da estrada N-642, o importe forma parte dun lote que engloba outras vías das mesmas características na provincia, así como a instalación de novas medias antinéboa para a A-8, e que suma máis de 20 millóns de euros. A este respecto, este ano xa se habilitou unha partida de urxencia de 800.000 euros para reparar aqueles treitos que están en peores condicións. Asemade, noutra orde de investimentos, o voceiro no Senado tamén apuntou que, grazas ao importante paso que se deu coa aprobación das contas, o Estado inxectará 1,3 millóns de euros para a liña de ancho métrico Ferrol-Xixón.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive