18 de Outubro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Recepción EEI San Roque

12-06-18

Este martes tivo lugar o recibimento, na casa do concello de Viveiro, dun grupo de alumnado e profesorado da EEI San Roque; durante o desenvolvemento do acto, organizado con motivo do resultado obtido polo centro no concurso de blogs de Voz Natura -no que a EEI San Roque quedou de finalista a nivel autonómico-, a Alcaldesa fíxolles entrega dunha peza de cerámica e dun lote de libros para a biblioteca escolar e transmitiulles as felicitacións co concello polo premio obtido. Pola súa parte, os nenos, de 4 e 5 anos, interpretaron a canción “Os Maios”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive