17 de Decembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Agrupación Cultural Francisco Lanza organiza unha homenaxe a Mª Victoria Moreno

11-07-18

Ribadeo, 11 de xullo de 2018. A Agrupación Cultural Francisco Lanza organiza unha homenaxe a Mª Victoria Moreno -a quen se lle dedicou este ano o Día das Letras Galegas- en dous tempos:

Primeiro, colocando poemas infantís seus nos balcóns da vila (Palabras no balcón), e, este venres, coa actuación de Tundal e lectura de poemas e outros textos da autora.

Pretendemos colaborar na difusión e recoñecemento a esta escritora que, aínda que nada e criada en Cáceres, aos 22 anos fixo da lingua galega e da nosa cultura a súa lingua e cultura. En galego falou e escribiu estudos literarios, ensaio, poesía e narrativa infantil e xuvenil. Ela definía a súa relación con Galiza e co galego como unha historia de amor.

Tundal: Este nome sonoro serve para denominar un grupo de músicos que baixo o tundal do idioma e da música tradicional, alí onde sexa chamado fará música de rúa, tanto instrumental como cantada e que levará sempre no seu repertorio cantares de cego, romances, cantigas e pezas para seren bailadas. Xosé L. Ansemil (percusión e voz), Antón Castro (mandolina, zanfona e voz), Manolo Darriba (acordeón e voz), Miguel A. Díaz (clarinete e voz), Xan Fuertes (violín e voz) e Pedro Lucas (gaita, frautas e voz).

A lectura de poemas e textos de Mª Victoria Moreno e a actuación de Tundal será o próximo venres, día 13, ás 21 horas, no Teatro. A entrada é libre.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive