21 de Xullo de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A Xunta achega 77.000 euros para colaborar coa organización do Resurrection Fest

11-07-18

Viveiro, 11 de xullo de 2018.- A Xunta de Galicia achega 77.000 euros para colaborar coa organización do Resurrection Fest, que hoxe da comezo en Viveiro e que se ten convertido nun dos festival máis importantes do panorama musical do verán en todo o Estado.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que o Goberno galego pretende contribuír a consolidar “un mapa galego de festivais de carácter profesional, dado que dinamizan a contratación artística e a creación de públicos, ao tempo que atraen a outro tipo de turismo, diversificando a nosa oferta”.

Balseiro apuntou que a Xunta destina ao Resurrection Fest 47.000 euros a través da Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic), que depende da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Neste sentido, Agadic impulsa a profesionalidade deste tipo de festivais, que considera un sector cultural estratéxico para Galicia. A concesión das subvencións realízase seguindo o procedemento de concorrencia competitiva, mediante a aplicación do baremo especificado nas bases por parte da comisión de avaliación.

A Xunta destina ademais 30.000 euros ao festival a través doutros acordos e convenios e tamén colabora co dispositivo de emerxencia. Ao respecto, Balseiro lembra que a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza coordina un completo dispositivo a través da Axencia Galega de Emerxencias (Axega) e despraza ao lugar medios para este operativo, entre os que figura un camión articulado que permite trasladar unha sala de operacións, coordinación e xestión de recursos, e que está dotado coa última tecnoloxía que garante as comunicacións aínda nas condicións máis adversas.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive