25 de Setembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Charla prevención de cancro de pel na casa da Cultura de Cervo

10-07-18

Foi impartida pola dermatóloga Socorro Fierro. A iniciativa foi promovida conxuntamente pola delegación de Sanidade do Concello de Cervo, que dirixe Manuela Méndez, e pola Asociación Española Contra o Cancro Lugo, desde a delegación de A Mariña. Ao remate da presentación, a profesional respondeu a varias preguntas das persoas que asistiron, e que levaron para casa mostras de crema solar como detalle. Fierro insistiu na importancia de protexerse ante o sol con todo tipo de medios (crema, sombreiros, antuca) e de evitar expoñerse na horas centrais do día, sobre todo no caso dos máis pequenos da casa, das persoas maiores, e daquelas que polas súas condicións de pel teñen máis risco.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive