25 de Setembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

CON PÓLVORA E MAGNOLIAS: “Avogando pola democracia”

09-07-18

A liberdade non pode entenderse sen democracia, do mesmo xeito que a economía non pode ter razón de ser sen o dereito.
A construción dun sistema de económico libre só pode ser levado a cabo polo cauce dunha esfera pública; sen recoñecemento recíproco non pode haber propiedade, e sen esta non hai mercado.
García Trevijano, xurista, avogado, político e pensador afirmaba con vehemencia que no estado español nunca existira a democracia, tan só se trataba dunha estructura formal na que non había unha capacidade popular real de intervención na vida pública. O tipo non era tolo de todo.
A explicación do xurista andaluz incidía na ausencia absoluta de separación de poderes e enfatizaba a súa crítica sobre a Transición denunciando o papel do PSOE ao que calificaba de partido taidor, cómplice do franquismo, e fillo da CIA.
Trevijano pasou ser un recoñecido xurista e intelectual pero as súas teses quedaron coma postulados anecdóticos, como excéntricos pensamentos.
O tardo-franquismo trouxo consigo lágrimas, suor e sangue de avogados. O 24 de xaneiro de 1977 foron asesinados cinco dos letrados laboralistas do número 55 da rúa Atocha. Os sectores máis extremistas do Estado buscaban unha provocación aos comunistas para poder intervir co Exército e implantar novamente a ditadura militar.
A multitudinaria manifestación de toda a militancia da esquerda, encabezada polo Partido Comunista Español, fixo cavilar a Adolfo Suárez, preocupado porque a súa obra política puidera estar en perigo.
Avogados tamén eran aqueles que andaban pululando polos estrados nos que, dende o ano 2010 até o 2016, o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos condenaba ao estado español por tolerar as torturas practicadas sobre persoas detidas en réxime de incomunicación.
A responsabilidade de que, por primeira vez na historia da democracia española, o ministro José Barrionuevo e o Secretario de Estado para a Seguridade Rafael Vera ingresaran en prisión, foi tamén duns cantos xuristas; todo isto a pesar da icondicionalidade absoluta dos cadros do partido que os acompañaron até a mesma verxa do cárcere de Guadalajara.
Cando se escreben estas liñas cumprense máis de 3 anos da entrada en vigor de Lei Orgánica 4/2015 de protección da seguridade cidadadana, a tamén coñecida como Lei Mordaza, neste tempo impuxéronse máis de 45.000 multas por faltas de repecto á autoridade. Ao mesmo tempo, o 1 de xullo cumpríronse 3 anos da vixencia da reforma do Código Penal que introduce, entre outras, a prisión permanente revisable.
Os xuristas e avogados tampouco son mellores que a sociedade da que veñen, pero neste século XXI seguén a ser protagonistas imprescindibles para a defensa dos valores da democracia e liberdade. Os responsables últimos da defensa popular frente á arbitrariedade do estado e os intereses do gran capital.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive