21 de Xullo de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Dolores de Cospedal imponse na provincia de Lugo co 41,6% dos votos

05-07-18

Lugo 5, xullo, 2018. María Dolores de Cospedal impúxose na provincia de Lugo co 41,6% dos votos na votación á presidencia do Partido a nivel nacional. En segundo lugar, sitúase Pablo Casado co 30%; en terceiro, Soraya Sáenz de Santa María co 24,6% e, cuarto, García Margallo co 1,9%.

En total o número de votos emitidos na provincia polos afiliados foron 2.155 dos que Cospedal acadou 897, Pablo Casado 667, Soraya Sáenz de Santa María 531, García Margallo 42, Elio Blanes 2 voto e José Ramón García 4. Tan só se rexistraron 2 votos en branco en toda a provincia.

Por comarcas o resultado foi o seguinte:

A Montaña: 54 votos (Pablo Casado 24; Cospedal 3; Margallo 1 e Sáenz de Santa María 26).

Chantada: 73 votos ( Pablo Casado 13; Sáenz de Santa María 19 e Dolores de Cospedal 40).

Lugo: 351 votos (Pablo Casado 122; Cospedal 118; Soraya Sáenz de Santa María 101; Margallo 9 e 1 en branco).

Terra Chá: 67 votos (Casado 27; Cospedal 21; Margallo 4 e Sáenz de Santa María 15).

Monforte; 199 votos (Elio Cabanes 1; Casado 40; Cospedal 115; José Ramón García 1; Margallo: 4; e Sáenz de Santa María 38).

Sarria: 198 votos (Casado 45; Cospedal 108; Margallo 3; e Soraya Sáenz de Santa María 42).

A Mariña: 1.213 votos (Casado: 396; Cospedal: 492; Elio Cabanes 1; José Ramón García 3; García Margallo 25; e Sáenz de Santa María 290).

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive