21 de Xullo de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Este domingo celébrase en Foz a segunda milla urbana Campo da Cabana. Foi presentada polo Alcalde e o Presidente do club de atletismo Ría de Foz

10-07-18

Foz, 10 de xullo de 2018. Este domingo, día 15, a partir das 20:00 horas celebrarase en Foz a segunda edición da milla urbana Campo da Cabana. Foi presentada este martes, polo alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, e polo presidente do Club de Atletismo Ría de Foz, Manuel Eiras.

Desde a organización explicaron: “presentamos a II Milla Campo da Cabana, que terá lugar este domingo, 15 de xullo, antes de poñernos a engalanar as rúas para a procesión do Carme. As persoas interesadas aínda están a tempo de inscribirse na web championchipnorte.com. Esta segunda edición da Milla Campo da Cabana puntúa no Circuíto Tour Mariña 2018, que é un circuíto de verán de carreiras populares polas praias lucenses. Haberá carreiras para todos/as, desde pícaros/as á absoluta”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive