21 de Xullo de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Intenso verán en Xove

11-07-18

Xove, 11 de xullo de 2018. Intenso está a ser o verán en Xove. Numerosas actividades se están desenvolvendo, así como importantes son as citas que veñen nos vindeiros días.

-Programa: Enredar para Aprender – Mañáns de Verán.

Dirixido a xoves de entre 10 e 16 anos, contamos coa colaboración de cinco voluntarios/as xuvenís; o mesmo estase a desenvolver durante os meses de xullo e agosto. As actividades que se están realizando, son:
-Xogos no Exterior, coa recuperación de xogos populares orixinais.
-Cociñarte, ou a arte de cociñar receitas sinxelas.
-Recuncho de Tarefas, para desenvolver a creatividade.
-Ocio Alternativo, con E-Maker, S. Robótica e Minecraft.
-Educación Vial, para educar á mocidade na seguridade vial.
-Tics, actividades dentro do mundo da informática.
En total inscribíronse 23 persoas neste Programa, que desenvolven as súas actividades principalmente nas Aulas da OMIX (Aula de Xogos e Auloa de Informática).

VII FESTA DO PERCEBE

Unha nova cita gastronómica este próximo 14 de xullo coa VII FESTA DO PERCEBE. O éxito acadado na edición do pasado ano animou a Organización a repetir a experiencia. Concretamente vai ser unha carpa, ubicada na Praza do Concello no Centro Cívico de Xove, a que acolla a celebración novamente desta Festa. O evento vai comezar pola mañá ás 12:00 horas, cando se vai proceder as distintas degustacións, nas cales o percebe vai ser lóxicamente o rei.

Especialidades que se van oferta:
-RACIÓN DE PERCEBES: 14 €UROS.
-RACIÓNS DE EMPANADA (de zamburinas, berberechos, mezclado de mariscos, polbo, bonito e xamón con queixo): 3 €
-BOTELLA DE VIÑO: 6 €

Como complemento educativo-cultural a esta Festa, as exposicións  “O Percebe e o seu Ecosistema” e “O Polbo e o seu Ecosistema” estarán dispoñibles desde o 1 ata o 31 de xullo na Sala de Exposicións do Salón de Actos do Concello de Xove en horario de 10:00 a 21:00

Obradoiros.- vanse desenvolver o mesmo día da Festa, no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove a partires das 15:30 h. Non é preciso realizar inscricións previas nin reservas, xa que se poderán apuntar alí mesmo; iso sí, haberá un aforo limitado. Nos mesmos poden participar nenas e nenos que sexan capaces de realizar manualidades.
(A idade mínima é de 4 anos orientativamente)
* Segundo as condicións meteorolóxicas os obradoiros poderían ser realizados no exterior.
As actividades, ademais de ser divertidas, teñen o obxectivo de dar a coñecer o percebe e o seu hábitat ás pequenas e pequenos que participen, subliñando a importancia da conservación do medio ambiente.
Para acompañar a Festa, e durante toda a duración da mesma, a organización vai contar coa animación a cargo da Charanga OS CHARANGOS e dunha DISCOMOVIL, que van por o punto musical á mesma.
A Festa vaise prolongar ao longo do día, permitindo aos asistentes xantar e cenar se así o desexan.
A organización da Festa corre a cargo conxuntamente da Asociación de Festexos a Medorra e do Concello de Xove, contando co patrocinio da Consellería do Mar, da Deputación de Lugo, do Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro A Mariña-Ortegal e o Fondo Europeo Marítimo de Pesca. A Festa está dentro do Proxecto XOVE MIRANDO AO MAR.

Embárcate con destino á Illa de Ansarón! 
Este iniciativa, incluída tamén dentro do Proxecto XOVE MIRANDO AO MAR, pretende dar a coñecer a costa desde unha perspectiva biolóxica, medioambiental e paisaxística.
Neste sentido programáronse varias visitas por mar pola costa do Concello; o educador ambiental acompañará cada expedición nun fermosísimo paseo pola costa de Xove, descubrindo unha paisaxe insólita, os cantís de Morás, vista desde o mar. Na viaxe aprenderase sobre a biodiversidade e o ecosistema da zona facendo especial fincapé sobre o percebe e o polbo da pedra que habita nas nosas costas.
As visitas saen do Portiño de Morás nos seguintes horarios:

Sábado 14 de xullo:
16:00 – 17:15
17:30 – 18:45
19:00 – 20:00

Domingo 15 de xullo:
10:00 – 11:15
11:30 – 12:45
13:00 – 14:00

Sábado 25 de agosto:
16:00 – 17:15
17:30 – 18:45
19:00 – 20:00

Domingo 26 de agosto:
10:00 – 11:15
11:30 – 12:45
13:00 – 14:00

Tódalas visitas son gratuítas.
Para reservar hai que cubrir e enviar o formulario da páxina: http://mirandoaomar.xove.es/visitas-guiadas-a-ansaron. Haberá que depositar unha fianza de 30€ por persoa que se devolverá, por transferencia bancaria, despois de realizar a visita.
A idade mínima para participar nestas visitas é de 7 anos. As/os menores deberán estar sempre acompañadas/os dunha persoa adulta.
Recoméndase levar roupa axeitada ao tipo de actividades, aconséllase un pantalón longo e un cortaventos.
Para todas as persoas que o precisen estarán dispoñibles os baños e vestiarios municipais da praia de Morás. 
Por ultimo, aínda quedan algunhas prazas para os días 14 e 15 de xullo; para as datas do 25 e 26 de agosto a dispoñibilidade é maior.

CLASES DE PADEL NO VERÁN NO CONCELLO DE XOVE:
Esta actividade vai dirixida para todas as persoas maiores de 6 anos. O curso empezou o pasado 4 de xullo e vai durar ata o 10 de agosto. As Clases desenvólvense o mércores e venres en horario de 12:00 a 14:00, na Pista Municipal de Padel. Hai un total de 10 inscritos.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive