17 de Decembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

No Festival focense Coa nosa fala, que se celebra este xoves no Campo da Cabana, actuarán Chingla e o grupo de música tradicional Maraghotas

10-07-18

Foz, 10 de xullo de 2018. O festival Coa nosa fala, que se celebrará este xoves, día 12, a partir das 22:00 horas en Foz, concretamente no Campo da Cabana, contará coas actuacións de Chingla e do grupo de música tradicional Maraghotas, do que forma parte a focense Xiana Teixeiro.
Este evento está organizado polo Concello de Foz e colaboran a Deputación de Lugo e Abanca.
Verbena festas do Carme luns
Por outra parte, na verbena das festas do Carme de Foz programada para o vindeiro luns, día 16, actuará a orquestra Jerusalén, aínda que no programa aparece, por erro, outra formación musical. Así o aclarou hoxe a comisión organizadora dos festexos.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive