25 de Setembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Concello da Pontenova recupera o tradicional xantar que reúne a maiores e xubilados do Concello

11-07-18

A Pontenova, 11 de xullo de 2018.- O Alcalde da Pontenova, Darío Campos Conde, avanzou que todos os xubilados e maiores da vila están convidados, por parte do Concello, a un xantar-homenaxe no Polideportivo Tito Margaride, este xoves dia 12, a partir das 14:00 horas. Nesta xuntanza tamén haberá música e agasallos para os veciños máis veteranos.

O rexedor sinalou que “dende o Goberno da Pontenova decidimos recuperar este xantar, que non se celebra dende o ano 2011, para dignificar e homenaxear a traxectoria vital dos maiores do noso Concello, e que tras un longa vida adicada á familia e aos seus traballos teñen ben merecida unha xubilación e un recoñecemento”.

Campos Conde lembrou ademais que “o Goberno da Pontenova esta traballando incansablemente para por en marcha a residencia e centro de día da vila. Esta infraestrutura sanitaria conta cun investimento de 1,2 millóns de euros da Deputación, aos que se engaden os 200.000 euros do Goberno local, xunto con 120.000 euros para a adquisición dos terreos”.

O rexedor remarcou que “esta infraestrutura social que construiremos en solitario Deputación e Concello busca ofrecer aos veciños máis maiores da Pontenova un servizo profesional que lles permita desenvolverse con normalidade no seu día a día, e preto das súas casas. Hoxe é máis necesaria ca nunca unha rede de residencias e centros de día públicos, que fagan fronte á escaseza de prazas públicas na provincia”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive