25 de Setembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Concello de Cervo convida a gozar do Festival Folklórico que terá lugar en San Cibrao o 20 e o 21 de xullo da man de Mistura

11-07-18

Cervo,11 de xullo de 2017.- O Concello de Cervo convida a gozar do Festival Folklórico que se celebrará en San Cibrao a fin de semana do 20 e 21 de xullo, da man do Grupo Mistura de Liero.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Cultura, Dolores García Caramés, presentaron a cita acompañados do Presidente e profesor do Grupo organizador, Claudio López, e doutros compañeiros da asociación.

Este ano, haberá un día adicado as agrupacións infantís e, como novidade, un segundo no que participarán diferentes grupo nacionais de renome.

Así, o venres, 20 de xullo, terá lugar a II Festival Folklórico Infantil, a partir das 19:30 horas, e está prevista a participación dos grupos Amado Lar (Ferreira do Valadouro), Bágoas da Terra (Viveiro), Saíñas (Xove), Arco da Vella (San Miguel de Reinante) e dos locais Mistura.

O sábado, 21 de xullo, será o I Festival Folklórico Nacional, a partir das 20:30 horas, no mesmo escenario da Praza dos Campos.

Actuarán as agrupacións Ciudad de los Amantes (Teruel), Grup de Danses La Xicalla (Valencia), Ocle de Bañugues (Asturias), e os organizadores Mistura, de San Ciprián.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, quixo “felicitar ao Grupo Mistura polo traballo que están a facer a prol da Cultura Galega, achegando o noso Folklore ás novas xeracións, velando así pola súa conservación como ben patrimonial que é”.

Pola súa banda Caramés apuntou que agardamos que todo o Pobo participe nesta actividade e asista a ver un espectáculo “que é un intercambio cultural único que nos ofrece a oportunidade de ver en directo o talento de diferentes agrupacións de todas as idades e de diferentes Comunidades Autónomas, aos que animamos a desfrutar do noso municipio e de todo canto Cervo pode ofrecer”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive