21 de Xullo de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O feminismo de Otero Regal inunda a Capela de Santa María

10-07-18

Lugo, 10 de xullo de 2018. A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, inaugurou este martes a exposición “Hai mulleres”, do artista mariñán Otero Regal que estará aberta ata o 26 de agosto na Capela de Santa María. No acto, estivo acompañado pola Subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez; e as Concelleiras de Cultura de Lugo e Viveiro, Carmen Basadre Vázquez e Lara Fernández Fernández-Noriega, ademais de Otero Regal.

Garcia Porto dixo que “esta exposición é unha verdadeira homenaxe merecida á muller, a todas as mulleres que foron e serán, na que Otero Regal reivindica por riba de todo o seu profundo feminismo. Esta mostra, que se exhibe por 1º vez, está composta por 52 pezas, nas que se mestura poesía, prosa, plástica e escultura. Este proxecto conta, ademais, coa colaboración de 33 autores que realizaron escritos sobre as mulleres, acompañados por unha peza do artista mariñán”.

Otero Regal reivindica con este novo traballo o seu profundo feminismo. “Eu son feminista por encima de todo”, confesa o artista. “E fixen este traballo como unha homenaxe a todas as mulleres”. Ademais, agradeceu a colaboración da Deputación pola cesión do espazo, e anunciou que despois será exposta en Madrid e Barcelona. Durante a presentación, dous artistas que participan na mostra, Isabel Flors Aparicio e Paco Rivas, leron os seus poemas.

Proxecto: Hai mulleres
Esta exposición, que pode verse ata o 26 de agosto, é un traballo colectivo de poetas, literatos e xornalistas tanto casteláns como galegos, aos que o autor pediu un relato relacionado co nome dunha muller, e en cada un destes textos, o artista aporta unha obra, ben sexa un cadro ou unha escultura.

Artistas que participan
32 autores colaboran neste proxecto de fusión e cheo de creatividade que iniciou Otero Regal. Son os seguintes; Xoan Neira, Javier Rivera, Jaime Oroza, Renata Otero, J.J., Paco Rivas, Manolo Romero Mancha, Carlos Clementson Cerezo, Santiago Lafuente Flors, Virginia Araya, Susana Obrero, María Luz Escuín, Tirsa Caja, Carlos Boves, Pedro García Cueto, José Luis Morales, Matías Muñoz Borja, Juan Pedro Carrasco García, Graciela Pelegrín, Ezequías Blanco, Isabel Flors Aparicio, Elsa López, Luis Alberto de Cuenca, Javier Lostalé, Cristobal López de la Manzanara, Pepe Viyuela Castillo, Pablo Mosquera, X. Lombardero, Vicente Míguez, Alfonso Otero Regal, Manuel Cortijo Rodríguez e Alicia Muñiz.

Alfonso Otero Regal
Alfonso Otero Regal, (Nois-Foz,1952). En 2011 obtivo o Premio Nacional de Promoción da Artesanía. Estudou pintura con Puchades en Mondoñedo, na Escola Massana (Barcelona) e no Seminario de Estudos Cerámicos en Sargadelos. Tamén realizou un curso con Cumellas en Barcelona. Traballou no seu propio taller de cerámica utilitaria, na “Regal-Cerámicas” en Viveiro (Lugo), onde segue na actualidade. Ademais foi profesor de Cerámica en talleres e obradoiros, e profesor e promotor dun centro de formación para mozas. Tamén realizou murais cerámicos para numerosos estamentos públicos e privados, e ten obras en museos, fundacións e coleccións privadas de España, Europa, Estados Unidos e Xapón.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive