21 de Xullo de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O PSOE esixe á Xunta Hemodinámica 24 horas xa na provincia e publicar os datos do REGALIAM

10-07-18

Lugo, 10 de xullo de 2018.- O Secretario Xeral do PSOE na Provincial de Lugo, Álvaro Santos Ramos, xunto aos Deputados Socialistas no Parlamento de Galicia pola Provincia de Lugo, Concepción Burgo, Luís Álvarez e José Antonio Quiroga, aos Alcaldes de Guitiriz, A Fonsagrada, Monforte de Lemos e Pedrafita do Cebreiro, Regina Polín, Argelio Fernández, José Tomé e José Luis Raposo; o voceiro do Goberno municipal de Lugo e Secretario de Sanidade na Executiva Provincial Socialista, Miguel Fernández, e representantes da Federación de Asociación de Veciños de Lugo, Jesús Vázquez, Miguel Ángel Corredoira e Luis Abel, participarán este martes no debate sobre a moción que o PSOE levou á Cámara galega. Dita moción esixe á Xunta de Galicia a implantación do servizo de Hemodinámica 24 horas no Hospital Lucus Augusti durante o 2018 e a publicación cada 6 meses de todos os datos estatísticos do REGALIAM (Rexistro Galego de Atención ao Infarto de Miocardio).

Santos Ramos destacou que “presentamos unha iniciativa os socialistas, o partido que sempre defendeu Hemodinámica 24 horas porque estamos fartos das mentiras do PP, fartos do desprezo do PP aos veciños e veciñas da provincia. Os datos do REGALIAM non son públicos na súa totalidade, e os poucos que dan, demostran que estamos sendo maltratados polas decisións do PP na Xunta de Galicia ao non ter o servizo de Hemodinámica 24 horas. Temos 155 minutos de agarda de tempo, entre os síntomas e a atención, cando hai outras provincias con 102 minutos, case unha hora de diferenza. Temos practicamente o dobre de taxa de mortalidade que outras provincias cando temos un infarto, iso significa, que o feito de que o servizo de Hemodinámica non funcione as 24 horas está sendo negativo para a saúde e para a vida dos veciños da provincia”.

“Por iso levamos esta iniciativa para que abra Hemodinámica 24 horas sen escusas, sen dilatación, sen mais mentiras e sen mais desprezo na provincia de Lugo. E tamén para que os datos do REGALIAM, ese rexistro que a Xunta puxo en marcha para xustificar que non abrise Hemodinámica 24 horas en Lugo e que din que Lugo necesita o servizo as 24 horas, sexan públicos para que todo o mundo poida coñecer o que está pasando coa vida dos lucenses. É verdade que hai situacións que xa non vamos a poder resolver pero o que queremos é que ninguén máis morra na provincia pola falta dun servicio que non abre por unha decisión política do Partido Popular” subliñou o Secretario Xeral do PSOE na Provincial de Lugo.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive