19 de Decembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Os socialistas instan á Xunta a financiar a nova Edar de Barreiros

11-07-18

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 18. O parlamentario socialista Luis Álvarez presentou hoxe unha pregunta oral no Pleno do Parlamento para reclamarlle á Xunta que axude ao Concello de Barreiros a financiar unha nova Edar en Barreiros. Álvarez preguntoulle á Xunta “que lle pasa co alcalde de Barreiros”, do PP, cando si que están a realizar unha infraestrutura semellante no Concello de Foz, tamén gobernado polo PP.

O responsable socialista lembra que malia que a depuración das augas residuais é competencia dos concellos, requiren axudas para a execución e financiamento das Edares porque se trata de investimentos inabarcables para as finanzas municipais, tal e como determina, dixo, a propia web de Augas de Galicia.

Álvarez lembra que a situación do Concello está a ser preocupante, pois a actual depuradora só ten capacidade para tratar as augas residuais de 500 veciños, e Augas abriulle xa 6 expedientes ao Concello, tal e como lle informaron ao Grupo Socialista en resposta a unha pregunta por escrito.

Nin idea

O parlamentario socialista reclamou a colaboración do goberno galego logo de constatar que o alcalde do Concello afirmara, despois dunha entrevista co presidente da Xunta no pasado mes de setembro, non ter “nin idea” do proxecto.

Daquela a conclusión, lembra, fora que a Xunta tiña o proxecto feito e estamos mirando que se faga, dixo Álvarez en alusión ás palabras do alcalde, nunha acttiude que cualificou como de “resignación bíblica diante do que semella un castigo divino”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive