15 de Decembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

6ª Feira de stocks do CCHV

10-08-18

Viveiro 10-8-18. Do 21 ó 23 de Agosto nas carpas situadas nos Xardins Noriega Varela levarase a cabo a VI Feira de Stocks organizada pola Asociación de comerciantes do Centro Histórico en colaboración co Concello de Viveiro, que un ano máis pon a disposición da Asociación todos os medios humans e materiais posibles para que a Feira se poda levar a cabo.
Serán un total de 12 stands adicados á venda de moda de home e muller, nenos, xuvenil, regalos e complementos, deportes, mobles, decoración e artigos do fogar. Una amplia variedade de sectores e artígos que serán postos á venda a uns prezos moi reducidos, onde os clientes poderán mercar verdadeiras gangas. O obxetivo principal é dar ós comerciantes a oportunidade de liquidar todo o seu stock e para os clientes unha oportunidade estupenda de mercar artigos de primeira calidade a uns prezos inmellorables.
O éxito das pasadas edicions estivo baseado en gran medida pola variedade de sectores e artigos postos á venda cuns prezos moi reducidos.
Contando ca afluencia de xente que ten Viveiro no mes de agosto, dende a asociación esperamos repetir o éxito obtido en anos anteriores.
O horario da Feira será de 11 a 14 horas e de 18 a 22:00 h.

APERTURA DÍA 15 DE AGOSTO
O mércores 15 de Agosto o comercio asociado ó Centro Comercial Histórico de Viveiro abrirá as suas portas pola mañá en horario especial de festivos, de 11 a 14 horas. Ó ser dous dias festivos seguidos o comercio abrirá para que os clientes poidan facer as suas compras sen ter necesidade de desprazarse, mercando no comercio de proximidade.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive