15 de Decembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A XXII Feira do Libro de Viveiro albergará 8 stands con máis de vinte actividades, co apoio do Goberno da Deputación

09-08-18

Lugo, 9 de agosto de 2018. A Deputada de Economía e Facenda, Mayra García Bermudez, a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, presentaron este xoves no Concello de Viveiro a XXII Feira do Libro, que terá lugar nos Xardíns de Noriega Varela, dende o sábado 11 de agosto ao mércores 15, en xornada de mañá e tarde. Fixérono acompañadas pola Coordinadora Xeral da Federación de Libreiros de Galicia, Nani Regueira, a representante dos Libreiros de Viveiro, María del Carmen Lage, o Delegado da Xunta, Jose Manuel Balseiro e a Concelleira de Cultura de Viveiro, Lara Fernández-Noriega.

O Goberno da Deputación realiza unha achega de 3.000 euros en colaboración coa Federación de Libreiros de Galicia, co obxectivo de apoiar e impulsar o sector editorial na provincia de Lugo.

García Bermudez remarcou que “unha vez máis, colaboramos con este tipo de iniciativas que achegan á cidadanía unha parte fundamental da nosa cultura, como é a literatura, ao mesmo tempo que contribuímos ao impulso do noso idioma, como principal elemento da identidade galega, e fomentamos o hábito lector entre todos os públicos”.

Presentacións mariñáns
A Alcaldesa sinalou que a programación deste ano inclúe máis de 20 actividades entre as que destacan 6 sinaturas de libros, 12 presentacións de novidades editoriais, así como obradoiros infantís ou narracións para bebés. “A Feira do libro de Viveiro xa leva 22 edicións, unha boa sinal, que o converte nun evento cultural consolidado na programación de Feiras do libro na provincia. Ademais, este ano contamos con diversas presentacións mariñáns, como por exemplo as edicións de Islas San Ciprianius, de Pablo Mosquera; Hai Mulleres de Alfonso Otero Regal; Conserveiras de Celeiro, Carlos Nuevo e Vicente Míguez, ou a do pintor viveirense José Picado y Pérez”, sinalou Loureiro.

Por último convidou a todos os visitantes e veciños a achegarse aos Xardíns de Noriega Varela para desfrutar dunha nova edición da Feira do Libro na cidade do Landro.

8 stands con descontos
A XXII Feira do Libro de Viveiro inaugurarase o sábado 11 ás 19:30 horas co pregón infantil a cargo de Beatriz Díaz López, alumna do IES Vilar Ponte, e pregón oficial a cargo do escritor e xornalista Ramón Pernas. e do escritor e xornalista, Ramón Pernas. En total, haberá 8 casetas de librerías, que ofrecerán un 10% de desconto en todos os libros. Ademais, a Deputación tamén instalará un stand con publicacións editadas polo organismo provincial.

O horario será de 12:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 22:00 horas. Os fines de semana e festivos o peche será ás 14:30 horas, exceptuando o primeiro día, que abrirá tamén en horario de tarde.

Ademais, durante os cinco días haberá sorteo de exemplares entre todos os visitantes. As librerías participantes nesta edición son: Librería Pedrería, AENEA, Libraría Cortizas, Libraría Cartabón, Porta da Vila, Seminario de Estudos Terras de Viveiro, Libraría Nobel Burela, Deputación de Lugo.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive