19 de Agosto de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Comunicado do Grupo Provincial Popular

06-08-18

Lugo, 6 de agosto de 2018. Ante a publicación no Boletín Oficial da Provincia nº 178 de 4 de agosto de 2018, do anuncio da delegación da totalidade de funcións da Presidencia no Vicepresidente da Deputación Provincial de Lugo debido a que o Presidente, Darío Campos, se ausentará da provincia con motivo do período vacacional entre os días 6 e 17 de agosto, o Grupo Provincial Popular esixe que o Presidente da Deputación Provincial de Lugo non se vaia de vacacións ata que os 29 traballadores e traballadoras de SUPLUSA cobren as nóminas que se lle adebedan.

Neste senso, os populares indican que:

Na pasada sesión plenaria da Corporación Provincial, celebrada o 31 do mes pasado, aprobouse “que a Deputación Provincial de Lugo coa maior axilidade posible solvente a situación producida en SUPLUSA para que os traballadores cobren as nóminas que se lle adebedan”, a través dunha moción presentada polo Grupo Provincial Popular. Un acordo respaldado por 15 deputados provinciais xa que foi aprobado cos votos a favor do Grupo Provincial Popular (12), do Grupo Provincial do BNG (2) e do deputado non adscrito; mentres que o Grupo Provincial Socialista votou en contra.
O día 2 de agosto rexistramos un escrito solicitando “que o Goberno provincial cumpra o acordo plenario citado con anterioridade e, polo tanto, que a Deputación Provincial de Lugo se implique en dar unha solución de maneira inmediata aos traballadores de SUPLUSA respecto ás nóminas que se lle adebedan”.
Polo tanto, pedimos que o Presidente da Deputación Provincial de Lugo, Darío Campos, suspenda as súas vacacións e se implique en solucionar a situación que está a impedir que os traballadores e traballadoras da Sociedade dependente da Deputación cobren as súas nóminas.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive