19 de Agosto de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Exhibición de Skate en Cervo

09-08-18

Este xoves entre as 16:30 e as 18:30 horas terá lugar unha gran exhibición de Skate na pista construída no Parque Reina Sofía. Participará Danny León, campión de España e un dos mellores Skaters do mundo, e Yago Domínguez e Cosme Portuondo, tamén moi recoñecidos nesta disciplina. A exhibición está organizada polo Concello de Cervo, coa colaboración do Club Limosa Surf, e será aberta ao público. Ademais, pola tarde, desde as 18:30 horas, recordamos que terá lugar no Campo da Veiga o II Torneo Maruxaina, un cuadrangular no que xogarán o Viveiro C.F., o C.D. Foz, o R.C. Vilalbés e o club sénior local, no que se presentarán os equipos do club. Haberá inchables de balde.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive