11 de Decembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, viaxará este venres a Santiago de Compostela para manter un encontro coa secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez

09-08-18

Con ela falará do novo pavillón polideportivo que precisa a localidade. O rexedor declarou hai uns días que “ese novo pavillón contará con capacidade para 2.500 persoas sentadas e disporá de vestiarios, diversas salas e ximnasio, entre outros servizos. Será un edificio que estará preparado para albergar competicións deportivas dos principais clubs de Burela e para acoller eventos culturais, musicais e todo tipo. Esta instalación virá satisfacer a grande demanda que hai desde o ámbito do deporte en Burela”.O encontro en Compostela terá lugar a partir das 12:30 horas.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive