19 de Outubro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Concello de Cervo vén de crear a ruta ornitolóxica da Ría de Lieiro

08-08-18

Cervo, 8 de agosto de 2018.- O Concello de Cervo, a través das delegacións de Turismo e Medio Ambiente, vén de crear a ruta ornitolóxica da Ría de Lieiro.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil Mali Méndez, estiveron percorrendo o paseo do Torno, no que se instalaron un total de 71 paneis, en 500 metros de percorrido, “nos que se identifican as diferentes aves que se poden avistar na ría ou na contorna, e se recolle diferente información sobre este lugar e sobre as Illa Farallóns que é zona ZEPA (Zona de Especial Protección de Aves)”.

Tal e como explicaron, a ruta, custeada integramente con fondos municipais, está dividida en dous tramos; no primeiro, que abrangue desde a desembocadura do Río Cobo, na Praia do Torno, ata a ponte de Lieiro, podemos ver as especies máis relacionadas co mundo mariño, como diferentes clases de gaivotas, entre as que destaca a gaivota esquimal, “un exemplar que en toda Europa tan só pode verse na nosa ría”. Tamén se poden avistar mazaricos, ostreros, garzas reais, garzotas…

O segundo tramo, que abarca desde a ponte de Lieiro ata a ponte do tren, é o máis próximo á ría e é zona máis arborizada, polo que é máis frecuente ver aves da orde Passeriformes –unha gran orde de aves que abrangue máis da metade das especies de aves do mundo; coñécense comunmente como paxaros, e ás veces como aves canoras ou paxaros cantores-.

O rexedor apuntou que desde o Concello de Cervo apostamos firmemente por poñer en valor todo o noso patrimonio cultural e tamén natural, e “esta nova ruta ofrécenos a oportunidade, tanto á veciñanza de Cervo como ás persoas que nos visiten, de coñecer en profundidade unha parte importante da riqueza natural do noso municipio”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive