Viveiro, a 14 de agosto de 2018. Celestino García Paz, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Alcaldesa da Corporación o seguinte ROGO para o próximo Pleno , ó obxecto de que se subsanen as deficiencias sinaladas coa maior prontitude posible:
Varios veciños das vivendas números 1,2 e 3 situadas a carón da estrada dirección as Nogueiras do barrio de Pénjamo do noso Concello, nos fixeron chegar as súas queixas pola situación que están a pasar, tanto polo mal estado da estrada, como das beirarrúas próximas as súas vivendas e que presentan en ambos casos un estado lamentable.
A todo isto hai que engadirlle unhas escaleiras de cemento que dan acceso a outras vivendas colindantes coas vivendas citadas anteriormente e que tamén presentan un estado calamitoso.
Según os veciños afectados xa se dirixiron ó equipo de goberno municipal socialista en varias ocasións ó longo destes dous últimos anos para que lles siolucionasen os problemas anteriormente sinalados, sin que ata o día de hoxe se lle puxese remedio a esta situación.
Por este motivo, lle ROGAMOS á Sra. Alcaldesa que proceda, o antes posible, á reparación tanto da estrada, das beirarrúas e das escaleiras antes sinaladas, posto que despois de dous anos de demandas pensamos que xa toca resolver a problemática destes veciños.
Celestino Garcia Paz
Concelleiro do Partido Popular de Viveiro