25 de Setembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

60 veciños de San Martiño de Foz benefícianse da renovación integral da estrada de Bao a Ver, que financiou a Deputación

13-09-18

Lugo, 13 de setembro de 2018. O Voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, supervisou os derradeiros traballos de renovación integral da estrada provincial LU-P-2010, de Bao a Ver, que financia o Executivo da Deputación cun investimento de preto de 70.000 euros. Con estas obras, o Goberno beneficia directamente aos 60 veciños que viven nesta zona da parroquia de San Martiño de Foz, e que empregan a diario a estrada para acceder ás súas vivendas e para realizar os seus desprazamentos, pois conecta coa LU-152 que vai ao centro urbano do municipio mariñán.

As actuacións xa executadas consistiron na limpeza de cunetas e a renovación da capa de rodaxe con aglomerado en quente. Nos vindeiros días, os traballos concluirán coa renovación da sinalización horizontal e vertical, co que a Deputación incrementará a seguridade dos usuarios que empregan esta vía, que quedará arranxada por completo pois as obras comprenden a totalidade dos 2,6 quilómetros que ten de lonxitude.

A LU-P-2010 conecta unha das zonas máis poboadas da parroquia de San Martiño, pois nos núcleos de Bao e Ver viven máis de 60 veciños. Cómpre sinalar que se trata dunha zona con gran tradición agrícola, na que existen varias explotacións de leite, polo que abunda o tráfico pesado de tractores, remolques ou cisternas.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive