16 de Novembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

A rehabilitación do edificio das escolas vellas de Cervo avanza a bo ritmo e a previsión e que estea rematada no mes de novembro

13-09-18

Cervo, 13 de setembro de 2018.- A obra de rehabilitación do edificio das Escolas Vellas de Cervo avanza a bo ritmo, tal e como puideron constatar no día de hoxe o alcalde, Alfonso Villares, o edil de Obras, Plácido Pérez e o representante da asociación cultural Airiños do Xunco, Carlos Sanz, que precisaron que “a previsión é que a actuación estea rematada no mes de novembro”.
A obra supón un investimento de 170.000 euros, provintes do Plan único da Depuración Provincial, que lle corresponden a Cervo.
A día de hoxe xa se remataron os traballos na estrutura das cubertas interiores e exteriores, instaláronse canlóns de pluviais de zinc, e estase a traballar no saneamento dos muros exteriores e interiores do edificio que conta cunha superficie de 270 m2; “no que se está a respectar tanto a estrutura como as materiais orixinais, tal e como foi concibido no seu día vai un século”.
Villares recordou que se levará a cabo un saneamento exterior e interior para evitar humidades e mellorarase o illamento térmico e acústico “co que conseguimos gañar en eficiencia enerxética e tamén o acondicionamos para o uso que está a ter maioritariamente hoxe en día, tendo en conta que se trata dun centro cultural con moita actividade e moi frecuentado polas agrupacións locais; xestionado desde vai anos pola AC Airiños do Xunco”.
Tamén se substituirán, así mesmo, as carpinterías exteriores, por novas portas e ventás de PVC e incorporaranse dous baños (ata agora estaban no exterior), un deles adaptado, cumprindo coa normativa de accesibilidade, e tamén se actuará na parte externa do edificio, para facelo, así mesmo, máis accesible.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive