16 de Novembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

“CIDADES SEN RUMBO”

04-09-18

Hoxe é díficil saber se Galicia é un País urbán ou rural. Na concepción típica do noso pensamento estamos por opinar que somos unha sociedade de asentamento rural. Mais na realidade, a aplicación das políticas conservadoras e apoucadas de Feijoo mudou esa realidade nunha sorte de sete cidades e areas metropolitanas moi poboadas e relación ó rural. Este é un deseño de País miserento e apoucado que porén ven demostrando pouco a pouco o seu fracaso: diáspora, incendios, crise demográfica, estancamento do crecemento e a transformación da nosa identidade de pobo. A perda do saber popular e das tradicións do noso rural.

Esta situación grave en Lugo e Ourense é tamén culpa da mediocridade no deseño das nosas cidades, ás claras vese unha falta total de proxectos de cidade en todas, un goberno a golpe de titular, populismo e fortes localismos son a tónica do que pasa nas urbes galegas. Sete cidades artellan a vida en Galicia, chama poderosamente a atención de que non exista un ente ou órgano ou xuntanzas de rexedores que compartan estratexia e visión política do País, cada quen polo seu lado e aumentando as guerras partidistas-localistas.

Non era mellor que cada cidade se diferencia das outras pero tamén que potencie o intercambio e non se fomente a competencia?

Lugo xunto con Ourense non fan máis forza polo AVE? Non sería lóxico buscar nexos de unión entre as dúas capitales interiores, fomentar o transporte? Lugo ten o aeródromo e Ourense a formación na materia, produce isto algún intercambio?
Pontevedra e Vigo, manteñen algún tipo de xuntanza? Están presentes xuntos na promoción internacional? Coordinan calendarios e axendas para multiplicar a oferta?
Coruña, Ferrol e Santiago manteñen obxectivos comúns máis alo de que os seus alcaldes enganasen á xente con En Marea? Ferrol cara onde vai? Vigo e Ferrol falan do naval? Coruña e Santiago falan dos aeroportos?
Traballa algunha cidade en relación cos concellos veciños para xerar servizos?
Algunha cidade traballa os seus plans pensando no rural?

É unha pena que dende a Xunta ou mesmo a FEGAMP non se traballe este eixo importante en Galicia, que si se fixera ben trocaría a realidade do rural e do noso País, potenciando por 1000 o valor da Nosa Terra.

O vindeiro maio é hora de xuzgar o traballo dos Alcaldes e Alcaldesa estrela das nosas cidades, repasade os programas, mirade o cumprimento, pensade en Galicia á hora de xuzgar. Haberá quen traballe, non os actuaís, na chave de resolver as anteriores preguntas en beneficio de Galicia, estade atentos.

Piñeiro Do campo
Sº Xeral de CxG.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive