16 de Novembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Inicio do servizo de bonobús de transporte para estudantes de Viveiro

12-09-18

Viveiro 12-9-18. Neste curso escolar 2018/2019 o concello de Viveiro continua co seu compromiso de financiar o transporte aos estudantes que se desprazan fóra de Viveiro por motivos académicos.

Cómpre destacar a elevada demanda deste servizo, do que se beneficiaron, no curso pasado, 83 estudantes; destes, 33 desprázanse a Santiago; 26, á Coruña; 2, a Lugo; 15, a Burela e 7 a Xove.

Ademais das xestións realizadas para mellorar a calidade do servizo, o Concello asumiu un importante compromiso económico financiando a metade do importe de cada viaxe e, deste xeito, o prezo final a abonar por parte dos usuarios redúcese de forma considerable. No curso 2017/2018 o concello investiou no desenvolvemento deste servizo 15362,75 €

Na mesma liña, cómpre facer referencia ao servizo de transporte escolar gratuíto, para desprazarse a Xove, San Cibrao e Burela, que empregan os estudantes de Viveiro que cursan estudos de Formación Profesional ou Bacharelato nalgún centro deses municipios. No curso 2017/2018 foron 22 os estudantes que o empregaron a diario para desprazarse ás localidades onde cursan os seus estudos e tivo un custo de 17847,99 €

Os estudantes interesados en solicitar esta axuda poden facelo na OMIX do concello entregando copia da matrícula e foto tamaño carné.
Asímesmo poden consultar as dúbidas no correo xuventudeviveiro@gmail.com

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive