16 de Novembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Nova concentración de pensionistas en Barreiros

13-09-18

Barreiros 13-9-18. Seguimos outro xoves mais e ainda nos quedan varios por diante, porque parece ser que o urxente agora non son as pensións, parece que o urxente agora é saber quen falsificou mais títulos universitarios ou mais másters, como lles chaman agora.
E no medio de todo este rebumbio mediático co tema dos másters, ontes reuníuse o Pacto de Toledo, que dito sexa de paso levan xa dous anos con esas reunións e nada avanzan, pois levan tempo cun único acordo que é que as pensións se suban en función do IPC. Ontes non avanzaron nada tampouco e quedaron para o próximo mércores. Houbo quen ainda propuxo que había que ter en conta outros factores, coma por exemplo que en tempos de crise, as pensións se adapten aos salarios e ao PIB, coma se @s pensionistas fosemos @s culpables da crise, da pasada ou da que estea por vir. Pero ninguén puxo enriba da mesa a derrogación das reformas laborais e a restitución dos dereitos perdidos a raiz desas reformas, dereitos perdidos pola clase traballadora, e lóxicamente tamén pol@s pensionistas. Mentras non se poña esto enriba da mesa, pouco poderemos avanzar, e o Pacto de Toledo seguirá sendo un paripé, un xogo de salón entre os partidos que se sentan no Congreso dos Deputados que non se atreven a enfrentarse ao poder da banca, ao poder das corporacións financieiras que dominan o gran negocio dos plans privados de pensións.

Esas grandes corporacións financieiras que a través dos medios de comunicación intentan inculcarnos a falsa idea de que as pensións públicas son insostibles chegando a decir que o gasto en pensións se dispara a raíz da última suba, ou que o problema é que a sociedade envelleceu moito. O obxectivo deste ataque non é outro que o de privatizar as pensións, sendo este un dos obxectivos mais importantes da política neoliberal das institucións económicas internacionais coma o Banco Mundial, o FMI ou a OCDE. E moitos gobernos en Europa, independentemente da súa cor política, ceden ante as presións destes buitres, e o Estado Español aí sigue a mesma liña, goberne quen goberne, como estamos comprobando, mentras non nos demostren o contrario e con contundencia.

Pero nós non imos parar na loita pola defensa das pensións públicas, porque éstas constitúen unha das principais pezas da política social de calquer país democrático, porque do mesmo xeito que a educación pública e a sanidade pública, que son dereitos universais, fan unha sociedade mais igualitaria e un país mais xusto e dono de sí. Por eso seguimos coa nosa táboa reivindicativa:
– derrogación das reformas laborais
– aprobación dunha nova lexislación laboral e social que restitúa os dereitos perdidos como consecuencia das reformas anteriores
– pensión mínima igual ao salario mínimo interprofesional
– recoñecemento do dereito á xubilación ordinaria aos 65 anos
– establecer a actualización anual das pensións en base ao IPC
– blindaxe do sistema público de pensións
– pensións dignas e con poder adquisitivo

Colectivo de Xubilad@s e Pensionistas de Barreiros

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive