25 de Setembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O BNG denuncia trabas administrativas na Deputación que “poden acabar cos programas Buxiganga e Musiqueando”

09-09-18

Lugo, 9 de setembro de 2018. O voceiro do BNG na Deputación de Lugo advertiu que a xestión política que se está a levar sobre os programas Buxiganga e Musiqueando podería abocalos á súa desaparición. Xosé Ferreiro informou “a deputada de Cultura está enviando requerimentos aos colectivos que participan nos que se esixe que se dean de alta en facenda como empresarios, cando se trata de entidades sen ánimo de lucro que están traballando no eido cultural” e engadiu “todo esto prodúcese despois de que se publicaran unhas bases nas que non se esixía esta cuestión e cando os grupos xa fixeron a maior parte das actuacións que se lles encomendaron dende a propia Deputación”.

Para o BNG “non é entendible que se apliquen novas esixencias cando existen unhas bases aprobadas e os programas están practicamente rematados”. Ferreiro explicou que “na carta remitida pola deputada de Cultura faise referencia a unha lei do ano 2002 pero a Deputación leva moitos anos promovendo este programa e, en ningún momento, houbo dificultades administrativas como este ano”. Moitos colectivos adicados ao teatro e a música da provincia se están vendo afectados por este “decretazo” dictado dende a Deputación. Xosé Ferreiro informou que o BNG xa presentou formalmente unha petición para que se simplifiquen todos os trámites relacionados con estes programas.

Ferreiro lembrou que nos programas Buxiganga e Musiqueando participan agrupacións que promoven o teatro afeccionado, a música tradicional, bandas de música ou corais. “Buxiganga e Musiqueando naceron como un xeito de trasladar a cultura de base aos concellos e festas populares cando o BNG tivo responsabilidades de goberno nesta Deputación e nunca houbo os problemas que hai este ano” dixo Ferreiro e engadiu “non se pode entender a promoción da actividade cultural como unha contratación de empresas por que a xente traballa nas súas asociacións con motivacións moi diferentes das empresariais”. Para o BNG “non é normal que se considere como empresas a colectivos que traballan sen ánimo de lucro no eido cultural,”

No programa Buxiganga participan arredor de 30 agrupacións de todas as comarcas e a Deputación asume o 80% do custo das asociacións mentres que o outro 20% é asumido polos concellos ou entidades soliciantantes. No programa Musiquenado contempla axudas de entre 400 e 2.000 euros para os colectivos que participan “trátase de axudas para que as comisións de festas e concellos poidan levar ás fetas música tradicional, bandas de música ou corais” explicou Ferreiro que sinalou “con estes programas estáselle sacando un doble partido aos fondos públicos por que a Deputación colabora, ao mesmo tempo coas entidades organizadoras e cos colectivos participantes”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive