16 de Novembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O club de bolos Xove segue colleitando éxitos

12-09-18

Xove 12-9-18. O Club de Bolos Xove segue sendo unha referencia deste deporte en Galicia e en España. Os seus éxitos abranguen tódalas categorías. Neste caso os trunfos viñeron dos bolos por parellas no caso dos senior e tamén na categoría xuvenil, tanto individual como por parellas.

Campeonato de España de 2ª División
Dous xogadores do Club, Javier Rodríguez e Luis Rancaño, lograron proclamarse campións de España de 2ª División na Categoría de Parellas.
Este campionato celebrouse nos Campos da Camoesa en Camos (Nigrán) os pasados días 1 de setembro (categoría de parellas) e 2 de setembro (categoría individual). Javier e Luis lograron  imporse a tódalas parellas clasificadas para este campeonato chegadas dende Asturias, Madrid e Galicia.
Asimesmo, Javier Rodriguez conseguiu o terceiro posto de España na categoría Individual de 2ª Division.

Campeonato de España Juvenil
A pasada fin de semana, sábado 8 e domingo 9 de setembro, celebrouse o campionato nos campos da Camoesa en Nigran e, por segundo ano consecutivo, o Club de Bolos Xove dominouno totalmente.
Na categoria individual Daniel Alonso proclamouse por 2ª vez Campión de España xuvenil, vencendo na final a Samuel Ferreira do Club de Bolos A Rega.
En semifinais, Daniel gañoulle ao seu compañeiro de equipo Miguel López, nun duelo que reeditaba a do ano pasado e que parecía unha final anticipada. Ao final, Daniel Alonso foi Campión e Miguel Alonso terceiro.
Nesta categoria destaca o gran papel de Javier Alonso (irmán de Daniel) que acadou un impresionante sexto posto, que con só 14 anos semella poder acadar algún outro titulo e mesmo superar os dous Campionatos de España do seu irman Daniel.
Na categoría de parellas foi Miguel López o que lograba facerse co campionato de España formando parella con Gonzalo Fernandez do Club Santiago de Parada. Nesta categoría, a xogadora do club de Bolos Xove Julia Alonso estivo a punto de subir ao podium (competindo en igualdade de condicións cos rapaces), quedando nun fantástico 4º posto formando parella con Gabriel Valverde do Club de Bolos A Rega

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive