16 de Novembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O Concello contratou de xeito excepcional e urxente a unha empresa para realizar recollidas selectivas dos contedores amarelos, unha vez que Soil Recovery deixou de prestar este servizo en Ribadeo

12-09-18

Ribadeo, 12 de setembro de 2018. O Concello ven de contratar de xeito excepcional e urxente a unha empresa para realizar durante uns días recollidas selectivas dos contedores amarelos, unha vez que Soil Recovery deixou de prestar este servizo en Ribadeo.
O edil de Limpeza Viaria e Xestión de Residuos, Jorge Díaz Freije, explicou que “hai que aterse aos contratos asinados e aos prazos marcados para poder actuar nun caso como neste. Soil Recovery, a empresa encargada da recollida do lixo dos contedores amarelos, do punto limpo e do cartón, deixou de prestar este servizo hai uns días. E o Concello tivo que agardar a que se cumprisen os tempos sinalados para poder actuar”.
O concelleiro ribadense subliñou que “unha vez superados eses prazos e os trámites burocráticos correspondentes esta tarde estase a proceder a recoller de xeito extraordinario o lixo dos contedores amarelos tanto no casco urbano como na zona rural. Agardamos desde o equipo de goberno que o venres estean todos os contedores nas mellores condicións posibles”. E insistiu en que “nos vimos na obriga de actuar por cuestións de salubridade”.
Díaz Freije pide “desculpas pola imaxe e pola situación xerada, pero a responsable é a empresa que deixou de prestar o servizo e que se atopa inmersa nun proceso concursal”.
O concelleiro de Limpeza Viaria e Xestión de Residuos engadiu que “imos estar así durante un tempo, porque unha vez que este proceso remate desde o Concello hai que volver a sacar a concurso o servizo e hai uns prazos que hai que cumprir”.
Desde o Concello lembran que “a recollida de cartón porta a porta segue suspendida polo momento”, polo que piden a colaboración e comprensión de hostaleiros, comerciantes e veciñanza de Ribadeo.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive