25 de Setembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O concello de Viveiro iniciou o expediente de contratación para a execución das obras do paseo marítimo de Covas no tramo fronte aos Castelos

12-09-18

Viveiro, 11 de setembro de 2018. O concello iniciou o expediente de contratación para a execución das obras incluídas no proxecto denominado “Acondicionamiento y mejora del paseo marítimo de Covas en el tramo frente a los Castelos”.

O proxecto referido pretende susbsanar as deficiencias detectadas no paseo marítimo de Covas, na zona situada fronte aos islotes dos Castelos. O paseo marítimo, dada a súa exposición ao mar, en momentos de oleaxe, recibe fortes impactos, o que nalgún punto provoca o deterioro do muro que o separa da praia, desprendendo algunha das súas pedras e provocando a filtración de auga cara o interior do paseo, o que está xerando oquedades no terreo co conseguinte deterioro da pavimento.

Vistas estas anomalías, o Concello de Viveiro procedeu á execución de catro catas que permitisen analizar a situación na que se atopa o subsuelo, observándose nunha delas un oco baixo a soleira de sustentación do pavimento.

Tras detectar esta deficiencia, o Concello de Viveiro decidiu asumir a execución das obras necesarias para proceder ao reforzo e recheo da zona afectada e paralizar as filtracións e lavado de terreo que se veñen producindo. As obras que se pretenden realizar para isto son:
– Demolición do pavimento actual e a soleira de formigón, nunha superficie de 5,00 x 15,00 metros.
– Retirada en dita superficie de actuación do material de recheo existente baixo a soleira.
– Posterior recheo da zona de actuación con formigón ciclópeo, que ademáis permitirá reforzar o muro que sostén o paseo.
– Reposición dos servizos afectados de rede de pluviais e de saneamento.
– Reposición da instalación de alumeado público.
– Reposición do pavimento, execución de soleira de formigón armado sobre a que se disporá a baldosa hidráulica similar á existente.

O presuposto de contrata deste proxecto é de 43.626,95 €. Ao tratarse dun gasto non presupuestado, o concello decidiu incluír esta actuación entre os investimentos solicitados á Deputación Provincial de Lugo no marco do Plan Único de Cooperación cos Concellos 2018.

Tendo en conta que a aprobación definitiva do Plan Único 2018 tivo lugar en xuño, este concello considerou prudente esperar á finalización do periodo estival para a execución destas obras. Con este decisión o concello pretendeu evitar as graves molestias e prexuízos que a súa execución nestes meses causaría tendo en conta que o paseo marítimo de Covas é unha das zonas máis frecuentadas por veciños e visitantes.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive