25 de Setembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O GDR-1 Terras de Miranda continua a traballar na xeración de sinerxías dentro do territorio a través do sector turístico

13-09-18

Lourenzá 13-9-18. O GDR-1 Terras de Miranda a través do programa Leader 2014-2020 está levando a cabo dentro do proxecto “ Valorización dos produtos locais a través do sector turístico” varios Obradoiros de Marketing Online dentro do territorio para mellorar as competencias das entidades participantes.
Onte tivo lugar no CENIMA (Centro de Interpretación da Mariña) no Concello de Foz o obradoiro de Marketing Online cunha variada representación do sector como aloxamento rural, hostalaría, turismo activo, restauración, información turística municipal e xestión turística do destino.
Foi un obradoiro práctico no que se trataron distintas temáticas, como as ferramentas dixitais máis útiles, recomendacións para a xestión das canles de social media, tendencias da demanda ou tips para os copys creativos.
O mércores 26 de setembro ás 16:30 horas farase a mesma xornada na Aula de formación do Centro Cívico de Xove.
Reserva praza e inscríbite aquí:
https://goo.gl/forms/i2NlxYZK6uwqYFZN2

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive