16 de Novembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O grupo de xubilados orgaizados en MODEPEN, fai de novo un chamamento a unha convocatoria de concentración extraordinaria para o luns 17

13-09-18

Ribadeo 13-9-18. O grupo de xubilados orgaizados en MODEPEN, fai de novo un chamamento a unha convocatoria de concentración extraordinaria para o luns 17, por mor da nova xuntanza do Pacto de Toledo que tivo lugar en Madrid entre partidos e sindicatos (U.G.T e C.C.O.O.), para falar sobre a revalorización e a estabilidade das actuais e futuras pensións, e onde se pretende que o I.P.C., non sexa o único índice a aplicar para calcular a súa revalorización, senón que se teñan en conta xunto con outros índices e referencias que aínda están sen concretar.
Por todo isto, pensamos que estamos novamente diante doutro intento de engano, e que con diferentes argucias e a colaboración de certas orgaizacións políticas e sindicais, se nos furte a posibilidade de ter unhas pensións dignas e aseguradas para un futuro.
O luns polo tanto é preciso mobilizarnos e amosar que non nos imos deixar enganar unha vez mais. A concentración sera ás 12 da mañá, diante do concello.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive