25 de Setembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O PP critica que este ano volva subir o IBI no Concello de Ribadeo, nesta ocasión nun 8 por cento

10-09-18

Ribadeo, 10 de setembro de 2018. O grupo municipal do Partido Popular en Ribadeo critica que este ano o equipo de goberno volva subir o Imposto de Bens Inmobles (IBI), nesta ocasión nun 8 por cento.
O portavoz do PP ribadense, Jesús López Penabad, explica que “se abre o prazo para pagar o IBI e vén o que dixemos no seu momento, sube o 8 por cento; o goberno local di que é por un erro, pero nós non nos cremos este tipo de erros. O ano pasado houbo un catastrazo e ao final os ribadenses tivéramos que pagar toda esa subida, ese ordenamento novo dos prezos do catastro. Entón o alcalde comprometeuse a que durante os seguintes anos non ía subir, pero agora está faltando á súa palabra. Din que por un erro, pero cos anos que levan gobernando se cometeron un erro deste tipo é que non aprenderon nada. Polo tanto non nos cremos que fora un erro senón que simplemente queren recadar máis para as arcas municipais a costa de todos os veciños, que son os que sempre acaban pagando”.
Para o portavoz dos populares no Concello de Ribadeo: “isto é un exemplo máis do engano que nos pretenden facer e considerámolo así. Si se aprobou para o seguinte ano outra rebaixa, pero aí xa van pasar unhas eleccións e virá o que veña”.
Jesús López Penabad subliña que “o que está claro é que levamos varios anos seguidos con subidas na contribución que repercuten sempre nos mesmos, nos veciños de Ribadeo”.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive