16 de Novembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O PP de Burela considera que Burela bonita “dá paso a Burela, a selva’”

12-09-18

Burela, 12 de setembro de 2018.- O Grupo Municipal Popular burelés afirma que, logo de comprobar como as especies vexetais colonizan a vila, “Burela Bonita dará paso a Burela, a selva”, o que demostra, unha vez máis, “a incapacidade” do alcalde de facerlle fronte aos problemas cotiás do concello e tamén un novo exemplo de que en canto á limpeza viaria “estamos moito peor agora que coa anterior empresa adxudicataria, en contra do que o alcalde e o seu tenente de alcalde anunciaron no seu día”.
Neste senso, dende o PP aseguran que “logo de darnos un volta, puidemos ver bastantes puntos e zonas nos que herbas, silveiras e todo tipo de arbustos campan ás súas anchas sen que dende o Concello se faga nada por evitalo”. Así, relatan, na rúa Rafael Vior, xusto ao carón do Hospital da Costa – zona mi concorrida-, as silveiras ocupan a práctica totalidade da beirarrúa. Asemade, en Torrentes, a maleza invade zonas de tránsito dos peóns. Na rúa Fazouro, no Torno, as herbas medran polo medio das plaquetas das beirarrúas sen que ningúen faga nada por evitalo. E, no recinto da Casa da Xuventude, acontece algo semellante.
Son, por tanto, catro casos en catro puntos distintos de Burela, dos moitos que hai con estas características, e que veñen a por de relevo que o rexedor socialista “non ten tempo en ocuparse destas cousas, xa que está adicado en corpo e alma a todos menos a dar solución ás necesidades que temos”. Outro tanto se pode dicir, apuntan, do concelleiro de Obras e tamén responsable de Turismo, “quen acuñou o slogan de ‘Burela Bonita’, que agora terá que convivir co de Burela, a selva”; un lema, sinalan, “de dous trisílabos que riman entre si e que é máis axeitado para o estado actual da nosa vila”, afirman.
“Fartos de anuncios pantasma”
Os edís populares sinalan “estar fartos de anuncios pantasma e de noticias que logo se demostran vacíos pola vagancia do alcalde e de todos e cada un dos membros do goberno municipal”, xa que estes, destacan, “non son capaces de atender as necesidades básicas do concello, non son capaces de ter Burela en condicións e, por suposto que non son capaces de asumir responsabilidades, e sí de cargarlles as culpas a quen sexa con tal de non asumilas eles”, conclúen.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive