25 de Setembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

O PP pon en valor a achega de 443.000 euros da Xunta para o desenvolvemento de dous obradoiros de emprego en Ribadeo

11-09-18

Ribadeo. 11, setembro, 2018. O Partido Popular de Ribadeo destaca a aposta da Xunta de Galicia polo emprego a través do financiamento de dous obradoiros que ofrecerán un contrato de formación a un total de 36 ribadenses en situación de desemprego coa achega de 443.069 euros.

O voceiro do Grupo Municipal Popular, Jesús Penabad, destaca que “a Xunta de Galicia concedeu ao Concello de Ribadeo un dos dous obradoiros de garantía xuvenil 2018 que se implantarán na provincia xunto ao concedido ao Concello de Lugo”. O obradoiro ‘Doc Tic II’ formará a un total de 16 mozos e mozas menores de 30 anos durante un mínimo de 6 meses en produción fotográfica e operación auxiliares de servizos administrativos xerais “grazas a unha achega de 154.262,40 euros da Xunta de Galicia”, apunta.
Pero, ademais deste, o Concello de Ribadeo implantará neste 2018 un obradoiro de emprego denominado ‘Ribadeo no Camiño’ que conta con 20 prazas de formación dual en instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes; así coma á dinamización, programación e desenvolvemento de accións culturais durante un mínimo de 9 meses. Neste caso, a administración autonómica dirixe un total de 288.807 euros cos que sufragar integramente a contratación dos alumnos-traballadores. A Xunta fai fronte tamén aos gastos de contratación de persoal de dirección, monitores e persoal administrativo.
Novidade
Os populares destacan, como novidade da presente convocatoria, que “os participantes poderán combinar un contrato de formación e aprendizaxe durante nove meses, cun contrato adicional de polo menos tres meses máis, nunha empresa emprazada no mesmo ámbito territorial do obradoiro e cunha actividade vinculada ás materias do obradoiro”.

Aposta da Xunta pola formación para o emprego
A actuación da Consellería de Economía, Emprego e Industria combina, a formación co desenvolvemento dun traballo efectivo, xa que as persoas beneficiarias disporán dun contrato de traballo e percibirán un salario durante a súa participación nesta actividade.

“Isto demostra a aposta da Xunta pola formación de cara a mellorar as capacidades das persoas desempregadas coas que favorecer a súa integración no mercado laboral. De feito, a provincia de Lugo recibirá un total de 5,5 millóns de euros para o desenvolvemento deste tipo de iniciativas”, recorda Penabad.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive