16 de Novembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Setembro ven cargado de actividades e iniciativas da man do Centro Comercial Histórico de Viveiro

13-09-18

Viveiro 13-9-18. O mes de setembro ven cargado de actividades e iniciativas da man do Centro Comercial Histórico de Viveiro:

– O sábado 15 de Setembro ás 20:30 horas na Praza da Fontenova terá lugar a representación da obra “Amor Filial” da man da compañía Ardora, de Cervo

A iniciativa parte da Área de Cultura da Deputación de Lugo dentro do circuito Buxiganga, proxecto teatral afeccionado. Trátase de achegar ó publico actividades culturais de calidade, para dun xeito gratuíto encher o tempo de lecer.

Nesta ocasión, a compañía Ardora representará a traxicomedia titulada”Amor Filial” apta para tódolos públicos. A obra trata da relación entre as diferentes xeracións dunha mesma familia, nais e fillas que teñen que convivir nunha mesma casa, cos seus problemas e diferenzas. E por si fora pouco, os dimes e os diretes de persoas alleas ao círculo familiar, que tenden a complicar as relacións cotiás.

– O domingo 16 de setembro comeza en Viveiro a campaña promovida pola Federación de Comercio da Mariña (Fcam), na que se sortearán en sete vilas distintas da Mariña máis de 10.000€ en premios. A campaña arrinca nesta ocasión en Viveiro, que sorteará 1.500€ en premios o sábado 22 de setembro ás 20:30 horas na Praza Maior. Ese mesmo sábado instalarase unha carpa na Praza Maior na que se poderán canxear os tickets das compras realizadas durante toda a semana por números para o sorteo, o horario para o canxe será de 11 a 14 horas e de 17 a 20:30 horas, momento no que dará comezo o sorteo que será presencial e no que se sacarán tantos números como faga falla ata que aparezan gañadores. Por cada 10€ de compra entregarase un número para o sorteo, o importe dos tickets pode ser acumulable pero só serán válidos aqueles que se fagan en calquera negocio asociado ó CCHV entre o domingo 16 e o sábado 22 de setembro.
Para animar o sorteo contaremos como maestro de ceremonias có showman Dani Rios, que presentará, animará e fará coreografías có público para pasar un anaco divertido e inolvidable.

– Do 20 ó 23 e do 27 ó 30 de setembro nove locales de hostelería asociados ó CCHV participarán no Vivemar Petisco, actividade organizada polo Concello de Viveiro na que cada local preparará unha tapa ca particularidade de que o produto principal está relacionado co mundo do mar, pode ser peixe, marisco, moluscos, algas, etc… un sinfín de posibilidades.

– E no mes de Outubro volve o “Juepeo, o xoves en Viveiro de Tapeo”. O xoves 4 de outubro arrinca esta nova edición, que xa vai pola cuarta, unha iniciativa que foi moi ben acollida polo público e que pouco a pouco foi medrando e configurándose como unha alternativa de ocio para os xoves. O obxetivo desta campaña é dinamizar os negocios de hostelería do Centro urbano de Viveiro, e que mellor que ofrecerlle ós clientes unhas boas e variadas tapas a un precio moi asequible. Só hai que dar unha volta un xoves de tapeo por Viveiro para ver o ambiente que se crea en torno ó Juepeo.
Nesta nova edición serán 12 locais os participantes, esperando alguna incorporación máis para o mes de Outubro.
Seguiranse sorteando entre os clientes 200€ en vales de compra a consumir nos locais participantes, repartidos nun premio de 100€ e dous de 50€. A forma de participar segue sendo moi sinxela, con cada tapa entregaselle ó cliente unha tarxeta para que cubra os seus datos e os deposite nas urnas que hai habilitadas en cada local. Por cada tapa que proben, unha posibilidade de gañar. Tamén seguimos ca promoción das entradas para o cine, probando 3 tapas poderase ir ó cine por 3,90€ , só hai que sellar as casillas habilitadas nos flyers da promoción das tapas e entregalo directamente na entrada do cine…o desconto será inmediato.
A campaña tamén se amplía ós locais de copas que ofrecerán cada semana un cocktel ou un combinado distinto a un prezo de 4€.
Trátase de ofrecer ó cliente unha oferta de ocio variada, asequible, entretenida… e sobre todo nun ambiente inmellorable.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive