25 de Setembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

UGT: “Basta de ilegalidades en Sargadelos”

13-09-18

Santiago, 13 de setembro de 2018. A Federación de Industria, Construción e Agro de UGT mostra o seu rexeitamento a actitude que o administrador único de Sargadelos mantivo na última reunión celebrada no Consello Galego de Relacións Laborais para intentar normalizar as relación laborais en Sargadelos.
Nesta xuntanza, o accionista maioritario de Sargadelos o único que pretendeu foi que tanto a UGT como a propia Xunta aceptaran propostas a o marxe da lei, ca única intención de vulnerar os dereitos fundamentais das traballadoras e traballadores de Sargadelos, e en especial ca delegada de UGT ca que centra toda a súa ira por ser esta a única traballadoras e delegada de persoal que defende os dereitos colectivos das súas compañeiras e compañeiros.
Non deixa de ser sorprendente que un centro de traballo que ten 262 requirimentos da inspección de traballo, se lle permita ao seu máximo accionista seguir campando ao seu “libre albedrío” e actuando ao marxe da lei sen que nada ocorra. Neste caso entendemos que a Administración ten que dicir algo, e actuar e en consecuencia ¿ou solo está para dar subvencións a empresas con este modelos de xestión cavernaria.
Mentres tanto as medidas de seguridade deterióranse, os permisos por paternidade non se compren, e todo isto ocorre nunha empresa que o insigne Isaac Díaz Pardo fixo dela a punta de lanza, emblema e referente da cultura galega e do galeguismo.
¿Alguén no seu san xuízo pode crer que os problemas de Sargadelos son orixinados por unha traballadora e Delegada de UGT que o único que fai e traballar e defendera ao resto de compañeiras e compañeiros? O problema de Sargadelos é ter o fronte da súa dirección a unha persoa que o seu obxectivo e facer do machismo, a vexación e os malos modos o modelo laboral encamiñado ao sometemento e opresión laboral das traballadoras e traballadores que coas súas mans fan un traballo que foi o eido fundacional de Sargadelos.
O autodenominado “Patrón” debe de saber que a dignidade e coherencia de Rogelia Mariña non están en venda, e a acción sindical de UGT en Sargadelos en defensa das traballadoras e traballadores e a aposta pola viabilidade de Sargadelos tampouco. É por iso que utilizaremos todos os medios legais, xudiciais e sindicais ao noso alcance. ¿Tamén nos preguntamos si resto de actores deste conflito van seguir de perfil mentres o “patrón” utiliza as traballadoras como reféns para a práctica do seu despotismo?

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive