16 de Outubro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

2ª xornada da LNB NorLeste

09-10-18

A Pontenova 07.10.18. A Praza dos Fornos de A Pontenova, acolleu mais unha vez o mítico Aberto do Ferro, correspondente a segunda xornada da Liga Nacional de Billarda da conferencia NorLeste. Ambiente excepcional con mais de sesenta palanadores presentes para xogar neste encantador recuncho presidido polas torres medievais que semellan ser os fornos de pedra.

Axudaron a dar vistosidade ao encontro algúns compis chegados da conferencia NorOeste, xa veteráns e de recoñecida valía no eido billardeiro (Cotelo, Merche e Julio Vilas do equipo “APB Sta. Marta” de A Laracha e Collazo, Enrique, Juan Carlos e Julio Ponte de “Campo da Feira” de Paiosaco).

O xogo vai de paus e así o demostran os “Carabullo” xa que si na primeira xornada foi Albino o gañador, desta volta foi o seu compañeiro de equipo o “Coroceiro Nacional 2016” Chousa quen se fixo ca Navalla e se sitúa momentaneamente como líder da conferencia. Este fichaxe, mais o de Manu Caldeiro foi unha xogada maestra dos de Ponte de Outeiro que lle fixeron un bo “afeitado” os Bulls de Remourelle.

O segundo da xornada foi Markytos que superou a Muriego nas duas carreiras de desempate.

En donas, Paula continúa en gran forma ainda que desta volta viuse superada por Geni e terceira Sara que tivo unha moi boa tarde.

En equipos, Os Carabullo e Billardeiros Musicais empataron a 82 puntos o que lles permite ser tamén primeiros na xeral si bén son os da Chaira os que lideran por mellor puntuación individual.

Este ano os da mariña non van ter doado manterse como dominadores absolutos da conferencia. O reto que ano tras ano manteñen os outro equipos por destronalos semella o fin posible con este comezo esperanzador. Andaremos e veremos como vai a cousa.

Os terceiros en discordia son os Troitas Bravas que aproveitaron moi ben a irregular tarde dos Chainzos-Cadaval para superalos ampliamente.

As novas fichaxes de Os Bulls, de momento non fan olvidar as ausencias e malia que hoxe estiveron mermados de efectivos, manteñen a súa liña donde Muriego e Jorge están cumprindo con moi boa nota.

Billarda Verde e Polka Miseria son os que menos xogadores aportan e por moi ben que o fagan, que sin dúbida o fan, as puntuacións para o equipo non poden ser moi altas e so lles permiten manter o tipo.

Así pois, rematado o xogo, fíxose entrega dos premios seguintes:

Navalla do artesan J. Rodil para: Chousa, campión do aberto e Geni, mellor en donas.

Forno en cerámica para: Markytosn, segundo e Paula segunda en donas.

Figura en metacrilato para: Muriego, terceiro clasificado e Sara terceira en donas.

½ dúcea de repolos para “Carabullo” como mellor equipo da xonada.

A vindeira xornada será en A Cadeira o sábado 27 deste mes. Parabéns e que siga a festa billardeira!.

As clasifiacións logo desta primeira xornada quedan asi:

Individual:

Chousa (Carabullo) 43 p.

Albino (Carabullo) 42 p.

Daniel (Billard. Musicais) 39 p.

Pepe de Outeiro (Chainzos-cadaval) 38 p.

Manu Pozo (Billard. Musicias) e Sachas (Troitas Bravas) 37 p.

Donas:

Paula (Chainzos-Cadaval) 34 p.

Geni (Billardieors Musicais) 30 p.

Lucia (Remourelle bulls) 9 p.

Equipos:

Carabullo e Billardeiros Musicais 149 p.

Troitas Bravas 145 p.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive