11 de Decembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

80 mozos e mozas do municipio realizaron bolsas de formación remuneradas en diferentes dependencias do Concello de Cervo desde o ano 2013

09-10-18

Cervo, 9 de outubro de 2018.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e as edís de Educación e Emprego, Dolores García Caramés e Mali Méndez, respectivamente, mantiveron esta mañá un encontro cos 14 mozos e mozas que a día de hoxe están a realizar bolsas de formación remuneradas en diferentes departamentos do Concello.
Villares destacou o positivo da xuntanza que “serviu para poñer en común experiencias e intercambiar puntos de vista e precisou que “imos reunirnos con eles e elas unha vez ao mes co fin de confirmar que se está a dar cumprimento ás expectativas que traían cando comezaron a bolsa”.
O rexedor recordou que estas bolsas, financiadas íntegramente con fondos municipais, son unha importante aposta deste equipo de goberno cun obxectivo prioritario que non é outro que o de “ofrecer á xuventude ese primeiro contacto co mundo laboral, reforzando a súa aprendizaxe para logo enfrontarse a un mercado laboral cada vez máis esixente e competitivo”. Os mozos e mozas que a día de hoxe están nas dependencias municipais teñen formación en campos tan diversos como educación infantil, a historia, a topografía, física, química, traballo social, administración de empresas…Os seus coñecementos –engadiu o rexedor- dan polo tanto un plus a este Concello; é unha retroalimentación, “porque eles e elas tamén brindan un importante reforzo en moitos departamentos municipais, contribuíndo así tamén a mellorar os servizos que prestamos á veciñanza”.
Desde o ano 2013 uns 80 mozos e mozas realizaron estas bolsas de formación remuneradas en dependencias municipais (informática, intervención, tesourería, contabilidade, secretaría, medio ambiente, turismo, educación para a saúde, servizos sociais, policía local, no departamento de persoal, na Escola Infantil ou no departamento de obras, entre outros); e en outubro de 2017, grazas ás xestións municipais conseguiuse ampliar o período de duración da bolsa de 12 meses a 18; prolongando así no tempo a estadía dos mozos e mozas que o desexen.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive