A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo fixo públicos os datos de ocupación hoteleira na provincia durante esta ponte festiva alcanzando unha media dun 93 % de ocupación. Destacan ademais que se logrou unha suba maior a anos anteriores xa o xoves 11 de outubro, véspera do festivo. Lugo foi a zona da provincia con máis visitantes, cunha media do 97 % de ocupación. A Ribeira Sacra logrou o 90 % e A Mariña alcanzou o 93 %. Os hostaleiros consultados sobre este balance da ponte coinciden á hora de afirmar que o día de maior ocupación foi o venres 12 de outubro, durante o cal algúns deles tiveron que colgar o cartel de completo.
A ocupación hoteleira na provincia de Lugo chegou ao 93 % durante esta ponte do Pilar
A ocupación hoteleira na provincia de Lugo chegou ao 93 % durante esta ponte do Pilar
Relacionado
-
Este domingo, 21 de Abril, terá lugar unha Marcha cívica pola paz mundial en Ribadeo e tamén para denunciar as atrocidades e asasinatos masivos de poboación civil que o goberno de Israel está a perpetrar na franxa de Gaza contra o pobo palestino
-
Ana Pena acaba de cumprir o seu primeiro aniversario como guía turística coa súa empresa Guía tu día, adicada a facer visitas guiadas pola Mariña
-
Brincos de lecer en Cervo