11 de Decembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Caramés recórdalle ao PSOE que “o Concello de Cervo investiu no 2017 1.038.182,60 euros, un 16% do orzamento executado”

04-10-18

Cervo, 4 de outubro de 2018.- A edil de Facenda, Dolores García Caramés, recórdalle ao PSOE que o Concello de Cervo investiu no ano 2017 1.038.182,60 euros, o que supón o 16% do orzamento executado no exercicio.

Caramés resaltou a importancia desta cifra e precisou que as obras ás que se refire o secretario dos socialistas, o señor Mon, son actuacións que sabe perfectamente que non se puideron executar no 2017 por cuestións técnicas e normativas que afectan a todas as administracións; pero pode constata e á vista está, que se están a levar a cabo na actualidade, como é o trazado do paseo peonil de Sargadelos (116.786 euros) ou a rehabilitación das Escolas Vellas de Cervo (158.000 euros); ademais do vial de Galdín (300.000 euros), que se executará en datas moi próximas.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive