11 de Decembro de 2018

Correo | Favoritos  | Imprimir   

Escrito de “Por Nuestro Faro” ao Concello de Ribadeo

10-10-18

Ribadeo, 10 de outubro de 2018. Os abaixo asinantes, como cidadáns galegos, españois e europeos, en representación do colectivo “POR NUESTRO FARO”, remitimoslle este escrito.
Tendo en conta :
Que non recibimos resposta ao escrito presentado polo noso grupo o día sete de setembro de 2018, e transcurrido un mes e tres días.
a falla de interés pola sua banda amosada no pleno do día 18 de setembro trala pregunta da concelleira do PSOE Dna. Aurora González.
diante da falla total de calquera tipo de información pública no que atinxe á Illa Pancha, acollémonos á Ley de Transparencia 19/2013 de 9 de diciembre de acceso a la información pública y buen gobierno, para conquerir respostas as seguintes preguntas:
1ª.- ¿Estudou o concello o “PROYECTO DE LEGALIZACION DE INSTALACION DE TRATAMIENTO Y EVACUACION DE AGUAS RESIDUALES, EN ILLA PANCHA”, como pedíamos no escrito do sete de setembro, suliñando que tíñamos atopado notabeis contradiccións e supostas irregularidades?
2ª.- ¿ Presentou o Concello algunha alegación? En caso de que a resposta a esta pregunta fose afirmativa solicitamos copia de esa alegación. En caso de que fose negativa solicitamos que nos informe dos motivos polos que o Concello de Ribadeo deixa de exercer o dereito de alegar a un proxecto que presenta notabeis contradiccións e supostas irregularidades despois de ser requerido por un colectivo veciñal.
3ª.- Na páxina 21 do proxecto, párrafo 2 declárase que a fosa xa está executada dende o “mes de abril”, (enténdese que se refire a abril de 2017). Sin embargo resulta obvio que esa fosa séptica non estaba autorizada, dado que o proxecto de legalización que, ainda mais, inclue un novo verquido, ven de presentarse a exposición pública o día 24 de agosto de 2018. A pregunta concreta é: ¿Qué trámites se seguiron e qué requisitos se esixiron para a concesión da licencia de apertura se a fosa séptica estaba sen legalizar?

Por todo o exposto, e acolléndonos ao dereito que nos ampara baixo a Ley de Transparencia, solicitamos a información requerida nos puntos anteriores.

Website Pin Facebook Twitter Myspace Friendfeed Technorati del.icio.us Digg Google StumbleUpon Premium Responsive